Guia docente 2017_18
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Física III
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Consistirá na resolución de exercicios e tests na aula. Poderase tamén pedir ao alumno que entregue exercicios propostos e que os resolva de maneira autónoma. Neste caso o profesor poderá pedir ao alumno/a que lle explique indivdualmente como resolveu o exercicio. 25 C19
C20
C22
C23
D1
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
Probas de resposta curta Celebraranse 2 probas de resposta curta. Referiranse, respectivamente, á materia dos temas 1 a 3 e 4 a 8. A superación de cada unha delas permitirá que os alumnos poidan non volver examinarse desa materia no exame final, non así no exame de segunda oportunidade (Xuno/Xullo). 37.5 C3
C14
C19
C20
D6
D7
D9
D12
D13
D14
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Ao terminar o curso celebrarase unha proba completa na que os alumnos que o desexen poderán repetir aqueles aspectos que non superaron nas probas curtas realizadas. 37.5 C3
C14
C19
C20
D6
D7
D9
D12
D13
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Durante o curso realizaranse dúas probas curtas referidas aos temas
1-3, a primeira, e aos temas 4-8, a segunda. Ambas conterán
problemas e cuestións e a súa superación liberará aos alumnos desa
parte da materia no exame final de primeira chamada (Decembro/Xaneiro). De maneira voluntaria, os alumnos poderán participar na resolución de exercicios nos
seminarios ou entregar exercicios propostos.

Tamén poderán presentarse a un exame final, que incluirá toda a
materia, que lles permitirá aumentar a puntuación alcanzada nos
parciais.

Todo alumno deberá alcanzar polo menos unha cualificación de 3.5 sobre 10
no global das súas probas escritas para poder acumular a puntuación
correspondente a resolución de exercicios.

Na segunda convocatoria (Xullo) manterase a puntuación alcanzada
mediante a resolución de exercicios.

O alumno que non se presente a ningunha proba escrita (curta ou longa) durante o curso será cualificado en primeira convocatoria como non presentado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000