Guia docente 2017_18
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Probas de avaliación continua nas que cada estudante deberá resolver unha serie de problemas no prazo de tempo e baixo as condicións establecidas polo profesorado. Os traballos, individuais ou en grupo, poderán ser de distintos tipos: presentación dun documento escrito, saída ao encerado, exposición oral, puzle,... 15 A4
C23
D1
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final. Proba individual que se realizará ao rematar o período lectivo e que incluirá preguntas teóricas e exercicios. 80 C22
C29
D3
D6
D7
D9
D12
D13
D14
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exercicio práctico para avaliar a destreza no manexo e aplicación dos recursos informáticos aprendidos durante as prácticas de laboratorio. 5 C22
C29
D4
D5
D6
D7
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, a nota obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación total.

As alumnas e os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, e pretendan facelo na convocatoria de xullo, deberán  repetir obrigatoriamente o exame final. A nota obtida durante o curso nas outras probas (probas prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas, e  resolución de problemas e/ou exercicios) manterase para a convocatoria de xullo.

Calquera estudante que participe nalgunha das probas de resposta longa non poderá, en ningún caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000