Guia docente 2016_17
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química, física e xeoloxía: Laboratorio integrado II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio O profesor realizará o seguimento do traballo experimental realizado polo alumno/a nas sesións de laboratorio, así como do caderno elaborado. Dado que se trata dunha materia de tipo experimental, é obligatoria a asistencia ás sesións de laboratorio. É importante indicar que a non asistencia será penalizada na nota final. Si o número de ausencias sen xustificar é superior a 2, suporá suspender a materia. Se o número de ausencias xustificadas, e debidas a causas de forza maior, é superior a 6 suporá suspender a materia. Os días que se falten computarán como ceros na nota de laboratorio.

Na puntuación de este apartado cobrará especial relevancia os seguintes puntos:

-Como se desenvolve o alumno no laboratorio, incluíndo o seu grado de autonomía.

-Como soluciona os problemas que se lle plantexan a hora de facer a práctica.

-Cal é o seu dominio dos coñecementos previos necesarios para facer a práctica en cuestión.

-Limpeza e tratamento do material.

-Dominio dos cálculos necesarios para realizar a práctica.

-Elaboración de caderno/informes de laboratorio.
40 A5
C25
C26
C27
C28
C29
D1
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
Saídas de estudo/prácticas de campo Realizarase unha memoria sobre o tema da práctica de campo. A asistencia é obligatoria para poder ser avaliado. 10 A5
C27
C28
D1
D7
D14
D15
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita (de resposta breve) relativa a aspectos concretos das operacións realizadas no laboratorio. 25 A5
C28
C29
D1
D6
D7
D14
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba práctica (sesión de laboratorio) que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno/a. Ditas probas serán realizadas de forma independente para cada grupo de prácticas. 25 A5
C25
C26
C28
D1
D7
D9
D12
D13
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ser avaliado o alumno ten que obter unha nota nota mínima dos distintos apartados que comprende a avaliación, esta nota mínima é de 3.5 nas probas teóricas e prácticas e na saída de campo, e de 4 na valoración das practicas de laboratorio.

A asistencia a máis de dúas sesións prácticas implicará que ó alumno xa está sendo avaliado, polo tanto, a súa cualificación non poderá se "Non Presentado".

Na segunda convocatoria a avaliación levarase a cabo do seguinte modo:

Unha proba teórico-práctica na que se avaliarán os resultados da aprendizaxe do alumno: 50%

Conservarase a puntuación alcanzada polo alumno durante o curso nos seguintes apartados: seguimento do traballo de laboratorio (40%) e prácicas de campo (10%)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000