Guia docente 2018_19
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química, física e bioloxía: Laboratorio integrado I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio O profesor realizará un seguimento, a través de cuestionarios e/ou do caderno elaborado, do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio. Dado que é unha materia de tipo experimental, é obrigatoria a asistencia ás sesións de laboratorio. A falta de asistencia, aínda sendo xustificada, penalizará a nota (polo que sempre que sexa posible, e tratándose de faltas xustificadas, recoméndase recuperar a práctica noutro grupo). Se o número de ausencias é superior a 6 supoñerá suspender a materia. 40 A5
C25
C27
C28
C29
D1
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
Probas de resposta curta Unha vez rematadas todas as sesións prácticas realizaráse unha proba escrita (de resposta breve) relativa a aspectos concretos das operacións realizadas no laboratorio. A data da proba publicaráse con antelación. 20 C28
C29
D1
D3
D6
Práctica de laboratorio Realizaráse unha proba práctica (unha sesión de laboratorio) que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno. A devandita proba será realizada de forma independente para cada grupo de prácticas. Esta proba levaráse a cabo o día establecido no calendario oficial de avaliacións. 30 A5
C25
C27
C28
C29
D1
D3
D6
D7
D9
D12
D13
D14
D15
Informe de prácticas Por requerimento do profesor ou profesores, o alumno elaborará informes de prácticas que reflictan o traballo desenvolvido no laboratorio. 10 A5
C28
C29
D1
D4
D5
D6
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Á asistencia a máis de dúas sesións de laboratorio implica que o alumno xa está sendo avaliado, polo que, a súa cualificación na acta non poderá ser non presentado.

É
necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada un dos apartados da avaliación para poder facer media; no apartado "informes" será necesario, asimesmo, obter
unha nota mínima de 4 sobre 10 nos informes das materias de cada unha das
áreas que os avalíen; todo o anterior aplicaráse tamén a segunda convocatoria.
No caso de non superar a materia, a cualificación na acta será a nota ponderada da proba práctica de laboratorio.

Na
segunda convocatoria a avaliación levaráse a cabo do seguinte modo:

Conservaráse
a puntuación acadada polo alumno durante o curso no apartado "prácticas de
laboratorio" (40%), non recuperable.

No
caso de non haber obtido a nota mínima esixida nalgún dos restantes apartados
poderánse recuperar os seguintes:

1)
"Proba de resposta curta" (20%); a data do examen será a que fixe o calendario oficial.

2)
"Proba práctica" (30%); a data do examen será a que fixe o
calendario oficial.

3)
"Informes de prácticas" (10%); entregaránse con antelación a data oficial do
examen dacordo cas indicacións do profesorado.

A
cualificación final será a suma das notas de todos os apartados sempre que se superen
os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta
será a nota ponderada da proba práctica (dita nota non poderá ser inferior a da primeira
convocatoria).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000