Guia docente 2017_18
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química, física e bioloxía: Laboratorio integrado I
   Contidos
Tema Subtema
1) Normas de hixiene e seguridade no laboratorio (1 sesión).
2) Conceptos básicos do cálculo de erros nas medidas: manexo do calibre e analise de distribución de poboacións (1 sesión).
3) Recoñecemento e utilización do material básico de laboratorio. Deseño dun caderno de laboratorio (1 sesión).
4) Determinación de densidades de líquidos e sólidos (1 sesión).
5) Preparación de disolucións (2 sesións):
a) A partir dun soluto sólido (concentración exacta e aproximada).
b) A partir dun soluto líquido (Ex: HCl, H2SO4, etc.)
c) Preparar disolucións diluídas das preparadas anteriormente.
6) Medida da tensión superficial (1 sesión).
7) Medida da viscosidade (1 sesión).
8) Establecemento dunha ecuación química: estequiometría (1 sesión).
9) Separación dos compoñentes dunha mestura mediante sublimación e filtración (1 sesión).
10) Reaccións de precipitación (1 sesión).
11) Calor de reacción. (1 sesión).
12) Illamento de compostos orgánicos: extracción líquido-líquido. (1 sesión).
13) Purificación de líquidos: destilación (1 sesión).


14) Purificación de sólidos: cristalización. Medida de puntos de fusión. (1 sesión).
15) Estudo do equilibrio químico. Principio de Le Chatelier (1 sesión):
a) Efecto da temperatura.
b) Efecto da concentración.
16) Calores específicas de líquidos e sólidos (1 sesión).
17) Determinación semi-cuantitativa perante a técnica do Dot-Blot da presenza dunha proteína nunha mezcla de proteínas inmovilizadas encol dunha membrana de nitrocelulosa (1 sesión).
18) Determinación semi-cuantitativa da presenza dun antíxeno nunha mezcla de proteínas perante o método de Ouchterlony de difusión dobre en xel de agarosa (1 sesión).

19) Detección específica e semi-cuantitativa de anticorpos de alto peso molecular en fase soluble perante a técnica de aglutinación de partículas de látex recubertas co antíxeno (1 sesión).
20) ELISA sandwich, técnica inmunoenzimática para a detección específica e cuantitativa de antíxenos e anticorpos en fase sólida (2 sesións).
21) Volumetrías ácido-base (2 sesións):
a) Valoración de hidróxido de sodio con hidróxeno ftalato de potasio.
b) Valoración de ácido clorhídrico con hidróxido de sodio preparado en (a).
22) Volumetrías redox (1 sesión):
a) Valoración de oxalato de sodio con permanganato de potasio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000