Guia docente 2017_18
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Física: Física I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario a) Os exercicios e problemas serán resoltos, polos estudantes ou polo profesor. As follas de problemas estarán dispoñibles coa suficiente antelación .
b) As dúbidas trataranse e aclararanse en tutorías de grupo.
c) As distintas tarefas que os estudantes deben realizar, individualmente ou en grupo, estarán programadas.
d) As distintas tarefas que os estudantes deban realizar serán obxecto de avaliación.
Lección maxistral Os estudantes poderán obter información sobre as clases na plataforma web Tema.
a) Analizaremos os obxectivos específicos de cada tema. Indicaranse as súas necesidades e posibles aplicacións.
b) Indicarase a forma de alcanzar obxectivos. A énfase poñerase naqueles aspectos que resulten máis problemáticos e difíciles. Resolveranse distintos exemplos.
c) En caso necesario propoñeranse referencias bibliográficas.
Presentacións/exposicións Os estudantes traballarán en grupo. Resolverán e debaterán problemas,
cuestións, resumos de lecturas, etc. que presentarán ou exporán os seus
compañeiros de clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000