Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Máster Universitario en Oceanografía
 Materias
  Paleoclimatoloxía e Paleoceanografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición oral sobre un tema relacionado cos desenvolvidos durante o curso. 40 A1
C3
D3
Traballo Breves informes escritos sobre dous temas relacionados cos desenvolvidos durante o curso. 40 B2
B3
C1
C7
Práctica de laboratorio Exercicios relacionados coas prácticas de laboratorio. 20 A2
A5
B3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia aos seminarios e prácticas de laboratorio é obrigatoria e un requisito esencial para obter unha avaliación positiva. Espérase que os estudantes que non poden asistir a algunhas destas actividades proporcionen unha xustificación adecuada para a súa ausencia. En caso contrario, a non asistencia a elas elimina a opción da 2a oportunidade.

As datas oficiais para as probas de avaliación poderán sen consultadas no seguiente enlace: http://masteroceanografia.com/horarios/

Todas as probas poderán ser recuperadas na segunda oportunidade.

________________________________________________

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000