Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Máster Universitario en Oceanografía
 Materias
  Procesos Xeolóxicos en Márxenes e Concas Oceánicas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Procesos Xeolóxicos en Márxenes e Concas Oceánicas Código V10M153V01104
Titulación
Máster Universitario en Oceanografía
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Pérez Arlucea, Marta María
Correo-e marlucea@uvigo.es
Profesorado
Alejo Flores, Irene
Francés Pedraz, Guillermo
García Gil, María Soledad
Nombela Castaño, Miguel Angel
Pérez Arlucea, Marta María
Web http://masteroceanografia.com
Descrición xeral Esta materia aborda o coñecemento dos procesos xeolóxicos que teñen lugar no ámbito mariño desde a liña de costa até a chaira abisal. Analizaranse os procesos de transporte e sedimentación que controlan o movemento de sedimento e as estruturas sedimentarias resultantes nos diferentes ambientes mariños. Tamén se aborda a interpretación sismoestratigráfica, como ferramenta para a interpretación de secuencias e ciclos xeolóxicos nos distintos ambientes sedimentarios

O contido práctico da materia consistirá nunha saída ao campo de varios días de duración para ver diferentes medios sedimentarios fósiles. Proponse visitar as concas neógenas de Sorbas; Nijar e Tabernas na provincia de Almería para a caracterización in situ da litoloxía, as facies e a arquitectura sedimentaria dunha ampla variedade de medios (abanicos aluviais, praias, deltas, arrecifes, plataformas carbonatadas, evaporitas, slumps, debris flows, turbiditas, peláxico), así como os procesos sedimentarios e tectónicos que controlaron a súa xénese e evolución espazo-temporal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000