| Actividades introdutorias |
Contextualizarase a materia dentro do master así como a zona de saída de estudos. |
| Saídas de estudo |
Sesión de traballo grupal en prácticas de campo, baixo a supervisión do profesor, posibilitando a construción significativa do coñecemento a través da interacción e actividade do alumno e o seu contacto coa realidade onde debe aplicar os seus coñecementos. Ä asistencia é obrigatoria.
Farase un percorrido polos afloramentos Neóxenos de varias concas sedimentarias do sureste peninsular no que hai magníficos exemplos de medios sedimentarios mariños fósiles, que inclúen plataformas carbonatadas, turbiditas, evaporitas, arrecifes, sedimentación peláxica, etc. |