Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Coñecer e utilizar o vocabulario, conceptos, principios e teorías relacionadas coa oceanografía e aplicar todo o aprendido nunha contorna profesional e/ou de investigación.
  CG2 Planificar e executar traballos de campo e de laboratorio, aplicando as ferramentas e técnicas básicas para a mostraxe, adquisición de datos e análises na columna de auga, fondo e subsolo.
  CG3 Recoñecer e implementar boas prácticas de medida e experimentación, e traballar de maneira responsable e segura tanto en campaña como en laboratorio.
  CG4 Xestionar, procesar e interpretar os datos e información obtidos tanto en campo como en laboratorio.
  CG5 Elaborar, executar e redactar proxectos básicos ou aplicados desde unha perspectiva multidisciplinar en oceanografía.
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Coñecer a un nivel xeral os principios fundamentais das ciencias: Matemáticas, física, química, bioloxía e xeoloxía.
  CE2 Adquirir coñecementos básicos de matemáticas (cálculo diferencial e integral) e estatística.
  CE3 Describir o funcionamento da circulación global do océano, os seus forzamientos e as súas implicacións climáticas.
  CE4 Saber, analizar e interpretar as propiedades físicas do océano de acordo coas teorías actuais, así como coñecer os instrumentos e técnicas de mostraxe máis relevantes.
  CE5 Formular as ecuacións de conservación da masa, a enerxía e o momento para fluídos geofísicos e resolvelas en procesos oceánicos básicos.
  CE6 Adquirir os fundamentos e a terminoloxía dos procesos químicos.
  CE7 Aplicar ao medio mariño e costeiro os principios e métodos utilizados en Química.
  CE8 Coñecer os principais contaminantes, as súas causas e efectos no medio mariño e costeiro.
  CE9 Adquirir coñecementos básicos sobre a organización estrutural e funcional e a evolución dos organismos mariños.
  CE10 Coñecer a diversidade biolóxica e o funcionamento dos ecosistemas mariños.
  CE11 Aplicar os coñecementos e técnicas adquiridos á caracterización e uso sustentable dos recursos vivos e os ecosistemas mariños.
  CE12 Adquirir coñecementos sobre procesos e produtos relacionados cos ciclos xeolóxicos internos e externos.
  CE13 Adquirir as técnicas e metodoloxías sedimentológicas, geoquímicas e geofísicas básicas empregadas en identificación, aproveitamento e sustentabilidade dos recursos naturais dos medios litorais e mariños.
  CE14 Coñecer conceptos e feitos básicos do cambio global obtidos a partir de rexistros xeolóxicos.
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Desenvolver a capacidade de procura, análise e síntese da información orientada á identificación e resolución de problemas.
  CT2 Adquirir a capacidade de aprender de forma autónoma, continua e colaborativa, organizando e planificando tarefas no tempo.
  CT3 Comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  CT4 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
  CT5 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000