Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Recursos xenéticos mariños
   Contidos
Tema Subtema
INTRODUCIÓN Presentación da materia. Avaliación do nivel de coñecemento xenético do alumnado. Análise do programa. Toma de decisións sobre o proceso de aprendizaxe e o sistema de avaliación do curso. Revisión de conceptos xenéticos básicos.
CAPÍTULO I. Variabilidade xenética. Orixe e mantemento da variabilidade xenética. Análise mendeliano e relacións entre alelos. Interacción xénica. Análise xenética da variación continua e os métodos biométricos de Xenética Cuantitativa. Mellora xenética en acuicultura.
CAPÍTULO II. Xenotipado poboacional. Estratexias de xenotipado de poboacións. Tipos de polimorfismos moleculares. Rexistro e tabulación do polimorfismo.
CAPÍTULO III. Estrutura xenética poboacional. A poboación ideal ou en equilibrio poboacional. Factores sistemáticos de cambio: mutación, migración, selección. Factores de cambio aleatorio ou dispersivo: deriva xenética, endogamia. Base computacioal de estruturas poboacionais.
CAPÍTULO IV. Xestión de recursos xenéticos mariños. A estrutura como marco de xestión pesqueira. Avaliación xenética. Xestión xenética e xenómica de pesquerias. Xestión xenética en acuicultura. Xestión xenética de invasións biolóxicas.
PRÁCTICA 1. Identificación de especies mariñas con marcadores xenéticos diagnóstico. Amplificacion de ADN, migración electroforética de produtos de PCR, interpretación de patróns xenéticos. Análise bioinformatico de asignación interespecífica e inferencia filoxenética. Aplicacións científicas e industriais da trazabilidad xenética.
PRÁCTICA 2. Cálculo de estruturas xenéticas poboacionais de especies mariñas. Xenotipado poboacional, tabulación de datos. Cálculo bioinformatico de estruturas xenéticas e inferencia de conectividade entre stocks pesqueiros con métodos bayesianos. Aplicacións científicas e industriais da estrutura xenética.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000