Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Parasitoloxía e microbioloxía mariña
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado avaliaranse mediante diferentes probas de tipo test e preguntas curtas, organizadas en probas correspondentes aos contidos de Parasitoloxía (20%) e de Microbioloxía (20%). 40 A1
A2
B1
C9
C10
C11
D5
Prácticas de laboratorio Os coñecementos adquiridos polo alumnado nas clases prácticas serán avaliados mediante probas tipo test/pregunta curta e resolución de exercicios, organizadas en probas correspondentes aos contidos de Parasitoloxía (20%) e de Microbioloxía (20%).
A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia.
40 A3
A4
B1
B4
C9
C10
C11
D1
D5
Seminario Os seminarios son obrigatorios.
Valorarase a calidade da memoria dos traballos presentados, a calidade da exposición e a participación activa nos mesmos (Parasitoloxía 10%; Microbioloxía 10%).
20 A1
A4
B1
C10
D1
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, independentemente do tipo de avaliación elexida, o alumnado deberá asistir obrigatoriamente as prácticas e os seminarios dos dous módulos da materia.

A) En avaliación continua:

Obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha das actividades (de Teoría, Prácticas e Seminarios) dos dous módulos que a compoñen. Admitirase unha nota mínima de 4 puntos nunha única actividade por cada módulo, sempre que a media final da materia iguale ou supere os 5 puntos. De non superarse a materia na súa totalidade, na acta reflectirase a cualificación máis elevada das actividades non superadas.

As actividades suspensas durante o semestre so poden ser recuperadas na segunda convocatoria.

Na segunda convocatoria: As cualificacións das probas superadas na primeira convocatoria, consérvanse para a segunda, avaliándose o alumnado das actividades non superadas.

B) En avaliación global:

1. O alumno solicitaraa no prazo marcado polo centro.

2. Tanto na primeira como na segunda convocatoria, o alumnado que opte por este tipo de avaliación avaliarase de todos os contidos da materia, debendo obter para superar a materia unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 en cada un dos módulos.

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia e/o plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario.

A data, hora e lugar de realización das probas de avaliación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000