Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Pesqueiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exporanse 3 probas escritas nos que se avaliarán os contidos teóricos da materia 70 A1
C11
D1
D5
Prácticas de laboratorio Exame escrito no que se avaliarán os contidos explicados na práctica de laboratorio 5 A1
C11
D1
D5
Prácticas con apoio das TIC Exame escrito no que se avaliarán os contidos explicados nas clases de prácticas con computador 10 A1
C11
D1
D5
Resolución de problemas Exame escrito no que se avaliará a capacidade de aplicación das metodoloxías de estiimación de parámetros poboacionais e de avaliación pesqueira explicadas nas clases teóricas e prácticas 15 A1
C11
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que elixa realizar a avaliación global non poderá realizar
ningunha proba (de calquera parte da materia), correspondente á avaliación
continua, que se faga nunha data posterior á sinalada polo Decanato para manifestar
o tipo de avaliación elixida.



1) Avaliación continua 



 A materia considerarase aprobada se a suma das diferentes probas a
realizar é igual ou maior de 5 puntos, en caso contrario terase que realizar o
conxunto do exame final da Segunda Oportunidade. 



1- Avaliación da teoría

A avaliación das "leccións maxistrais" realizarase en tres probas ao longo do curso, dous delas dentro das horas de teoría da materia e unha na data do exame final de Primeira Oportunidade. En cada unha de dúas primeiras probas avaliaranse todos os contidos teóricos anteriores a 5 días naturais da data de celebración da proba, fosen ou non avaliados previamente. A primeira proba valerá 2.0 puntos e a segunda 3.5. A 3ª proba, a realizar na data da avaliación global da Primeira Oportunidade, terá un valor de 1.5 puntos e abarcará o conxunto da teoría. 

 1.2- Avaliación das Prácticas 

A avaliación das "Prácticas de laboratorio" levará a cabo á vez que a primeira proba que se faga das "leccións maxistrais". Terá unha puntuación máxima de 0.5 puntos.


A avaliación das "Prácticas con apoio das TIC" levará a cabo na
data asignada para a avaliación final da Primeira Oportunidade. A súa
puntuación máxima será 1.0 puntos. 



 1.3- Avaliación dos Problemas



Realizarase un exame de problemas na data do exame final da Primeira Oportunidade.
O valor desta parte da materia será 1.5 puntos.



2) Avaliación global



Realizarse mediante un exame escrito dividido en tres partes: teoría
(máxima puntuación=7), prácticas (máxima puntuación=1.5) e problemas (máxima
puntuación =1.5).A materia considerarase aprobada se a suma das puntuacións das
diferentes partes do exame é igual ou maior de 5 puntos.  



Na Primeira Oportunidade, só poderá levalo a cabo o alumnado que elixiu no seu momento este tipo de avaliación. 



Na Segunda Oportunidade poderana realizar o alumnado que non
superou a materia na Primeira Oportunidade (xa sexa na modalidade de
avaliación continua ou global).

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao rectorado dun expediente disciplinario.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000