Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química aplicada ao medio mariño II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase o traballo coidadoso do alumno e a disposición a aprender o correcto emprego do material do laboratorio. 2.5 A5
B4
D2
Saídas de estudo Os alumnos responderán a un cuestionario sobre aspectos relacionados coa visita á depuradora. 5 A3
A4
C6
Presentación Realizaráse unha exposición do traballo tutelado derivado das sesións de seminarios. 2.5 A3
A4
B1
D2
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse diversos probas de contido teórico e teórico/práctico relacionados cos contidos das clases maxistrais. As probas poderán conter preguntas tipo test, resolución de problemas e/ou cuestións con resposta aberta 37.5 A3
A4
A5
B1
B4
C6
C7
C8
D1
D5
Traballo Realizarase un artigo científico cos datos obtidos na práctica de simulación de depuración de augas residuais. Este artigo supón un 20% da nota final.
Os alumnos presentarán ademais un traballo tutelado, derivado das sesións de seminario. Este traballo supón un 10% sobre a nota final.
30 A3
A4
A5
B1
B4
C6
C7
C8
D1
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Os alumnos presentarán un informe orixinal dos resultados obtidos nas prácticas de laboratorio 10 A3
A4
A5
C6
C7
C8
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Os problemas consistirán no cálculo da concentración dun contaminante químico, a partir dos datos que se obteñen normalmente nun traballo de laboratorio, e expresar o resultado coas unidades e cifras significativas correctas. Avaliarase o resultado obtido, así como a claridade e o razoamento utilizado para chegar a este.
O exame final consistirá na resolución de dous problemas deste tipo.
12.5 A4
A5
B1
B4
C7
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar:

http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Para aprobar a materia será necesario superar cun total de 5 puntos sobre 10 todas e cada unha das probas realizadas durante a materia.

Se a nota final obtida nas probas de tipo test e probas de resposta longa non alcanza os 5 puntos, repetiranse estas probas nos exames finais da materia.

Os informes de prácticas, traballos e proxectos que non alcancen a cualificación mínima, terán que enviarse coas correccións oportunas no prazo que estimarán os profesores en cada caso.

A realización por parte do alumno de calquera proba das que se mostran anteriormente será tida en conta inmediatamente para a cualificación final e constará na acta como alumno presentado na convocatoria correspondente.

A falta inxustificada a unha das sesións de seminarios ou prácticas supón a non avaliación das probas ou actividades que corresponda, debéndose repetir no curso seguinte.



Opción de avaliación global. A solicitude para esta opción de avaliación terase que
presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con
anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas e
seminarios, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción
de avaliación. A non
asistencia ás prácticas sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así
como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).

Únicamente se convalidarán para o curso seguinte as seguintes actividades no caso de realizalas no presente curso e telas superadas:

- Presentacións exposicións

- Prácticas de laboratorio

- Saídas de estudo/prácticas de campo

- Traballos e proxectos

- Informes/memorias de prácticas

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia, plaxio ou falta de participación en actividades grupais) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000