Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química aplicada ao medio mariño II
   Contidos
Tema Subtema
Depuración de augas residuais Orixe e clasificación de augas residuais.
Características físicas, químicas e biolóxicas das augas residuais.
Funcionamento xeral dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR).
Pretratamento e tratamento primario.
Tratamento secundario: sistemas aerobios e anaerobios, sistemas con biomasa en suspensión e con biomasa fixa.
Tratamentos terciarios ou avanzados.
Desalgación de auga de mar Tecnoloxías de desalgación: procesos térmicos e procesos con membranas.
Efectos ambientais.
Biotecnoloxía mariña Definición e importancia da biotecnoloxía.
Esquema xeral de produción biotecnolóxica.
Obtención de produtos biotecnolóxicos de orixe mariña (biocombustibles, produtos farmaceúticos, biorremediación de contaminantes)
Análise química de contaminantes na columna de auga, sedimentos e organismos mariños. Métodos de toma de mostra. Métodos de preparación de mostra e determinación na columna de auga. Métodos de extracción, purificación e determinación de contaminantes en sedimentos e organismos mariños.
Análise de biotoxinas mariñas. Estrutura química das biotoxinas mariñas. Toxicidade das biotoxinas mariñas. Preparación da mostra. Métodos de separación e detección.
Control e garantía de calidade nas medidas. Sistemas de garantía de calidade. Validación de métodos analíticos. Ensaios de intercomparación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000