Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía xeolóxica II
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Actividades introdutorias Esta primeira parte corresponde á presentación da materia, de todas as actividades a desenvolver, material necesario e concretar os entregables que os alumnos terán presentar ao longo da mesma. Así mesmo expoñerase o sistema de avaliación a seguir. Fomentarase a participación activa do alumnado, fundamentamente encamiñado a aclarar todas as ddas relacionadas coa formulación e desenvolvemento da materia. Incidirase en que o alumno pode contactar coa profesora para aclarar dúbidas en todo momento, preferentemente de forma presencial, individual ou en grupo. Para acudir ás titorías personalizadas, é necesario que o/a alumno/a contacte coa profesora con antelación suficiente por correo electrónico ou empregando a secretaría virtual.
Lección maxistral Fomentarase a participación activa do alumnado nas clases, fomentando a discusión e formulación de pequenas preguntas a resolver en clase. O alumno pode contactar en todo momento co profesor para aclarar dúbidas, de forma presencial, individualmente ou en grupo. Se as dúbidas requiren dunha maior atención personalizada acordarase unha titoría para resolver problemas. É necesario que o/a alumno/a contacte coa profesora con antelación suficiente por correo electrónico ou empregando a secretaría virtual.
Prácticas de laboratorio Os exercicios prácticos expostos nos tres bloques temáticos de prácticas iranse resolvendo no mesmo aula, co fin de ir resolvendo as dúbidas de forma gradual a medida que estas xorden segun vaise avanzando na complicación dos exercicios. Fomentarase a participación activa do alumnado. Cada práctica tendrá un entregable para a súa avaliación. Unha vez finalizadas, o/a alumno/a pode contactar en todo momento co profesorado para aclarar dúbidas, preferentemente de forma presencial, individualmente ou en grupo. Se as dúbidas requiren dunha maior atención personalizada acordarase unha titoría para resolver problemas. É necesario que o/a alumno/a contacte co profesorado con antelación suficiente por correo electrónico ou empregando a secretaría virtual.
Prácticas de campo Como parte das prácticas, realizarase unha saída de mostraxe no B/O Mytilus. Para esta actividade, os/as alumnos/as serán divididos en grupos pequenos de traballo (5-6 persoas) co fin de que se involucren e poñan en práctica a metodoloxía de traballo dunha campaña oceanográfica. Parte dos datos tomados a bordo serán traballados en sesións prácticas. Unha vez finalizada a actividade, cada grupo de alumnos terá que elaborar un informe de campaña, coa descrición da actividade desenvolvida, descrición de equipos e datos tomados. Esta actividade está especialmente deseñada para implicar totalmente ao alumnado e lograr unha participación activa do mesmo, tanto a bordo do B/O como na elaboración do informe de campaña posterior, sempre coa supervisión do profesorado. En todo momento, o alumnado pode contactar co profesorado para aclarar dúbidas, preferentemente de forma presencial, individual ou en grupo. Se as dúbidas requiren dunha maior atención personalizada acordarase unha titoría con todo o grupo de traballo para resolver problemas. Neste caso, é necesario que o alumnado contacte co profesorado con antelación suficiente por correo electrónico ou empregando a secretaría virtual.
Traballo tutelado En grupos de dous ou tres persoas, os alumnos eligirán unha publicación actual onde se mostre un traballo práctico aplicado de calquera dos equipos e metodoloxías que se engloban na asignartura. Terán que realizar unha exposición do mesmo ante os seus compañeiros e presentar un traballo escrito con formato de articulo. O grupo de alumnos pode contactar en todo momento co profesorado para aclarar dúbidas (elección do tema do traballo, dúbidas relacionadas co mesmo ou sobre a elaboración da presentación), preferentemente de forma presencial, aínda que puntualmente tamén se poderá realizar por correo electrónico. As dúbidas resolveranse pola mesma vía. O alumnado que o desexe poderá acudir a titorías personalizadas para resolver dúbidas. É necesario que o alumnado contacte co profesorado con antelación suficiente por correo electrónico ou empregando a secretaría virtual.
Seminario Os exercicios prácticos expostos nas distintas sesións seminarios iranse resolvendo no mesmo aula, co fin de ir resolvendo as dúbidas de forma gradual a medida que estas xorden segun vaise avanzando na complicación dos exercicios. Fomentarase a participación activa do alumnado. Unha vez finalizadas, o alumnado pode contactar en todo momento co profesorado para aclarar dúbidas, preferentemente de forma presencial, individualmente ou en grupo. Se as dúbidas requiren dunha maior atención personalizada acordarase unha titoría para resolver problemas. É necesario que o alumnado contacte co profesorado con antelación suficiente por correo electrónico ou empregando a secretaría virtual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000