Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía xeolóxica II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentaráselle ao alumnado a maneira na que se impartirán as clases, a forma de avaliación, as saídas de campo, as clases prácticas e os seminarios. Repartirase o temario, así como o material necesario para as clases prácticas e seminarios.
Lección maxistral Expoñeránselle ao alumnado os contidos teóricos que serán avaliados nun exame final.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio consta de tres bloques temáticos divididos en 5 sesións:
1- Levantamento de sondaxes. Descrición de facies.
2- Introdución á interpretación de rexistros de Sistemas sísmicos de reflexión e refracción.
3- Tratamento de datos, con software especifico, para a elaboración de mapas batimétricos (utilizarase a aula de informática).
A asistencia é OBRIGATORIA.
Traballo tutelado En grupos de 2-3 estudantes elexirán un texto cientifico que mostre un exemplo aplicado de estudo na oceanografía xeolóxica, que terá que expoñer e facer un resumo no formato de texto científico. Con isto, o alumnado demostrará a súa capacidade para o traballo de equipo e a súa capacidade para unha exposición oral sobre un tema científico. No debate posterior avaliarase a capacidade de síntese e de entendemento do tema proposto.

A actividade é OBRIGATORIA
Seminario Os seminarios que o alumnado terá que realizar e entregar, consta de tres sesións:
1- Manexo de cartas náuticas, parámetros de navegación, posicionamento de puntos e roteiro de mostraxe. Ferramentas fundamentais para a preparación e realización de campañas oceanográficas.
2- Interpretación de rexistros de soar de varrido lateral ( sonografías).
3- Exposición de exemplos de estudos aplicados en Oceanografía xeolóxica, profundando na metodoloxía específica utilizada para cada traballo concreto. Debate e análise dos temas expostos.
Esta actividade é OBRIGATORIA.
Prácticas de campo O alumnado realizará unha saída de mar na que poderán familiarizarse cos sistemas de adquisición de datos acusticos submarinos e de toma de mostras de sedimentos mariños (testigos de sedimentos, dragas, etc).

Preténdese que o alumnado se familiarice co procedemento propio dunha campaña oceanográfica. Para realizala actividade a bordo, o alumnado dividirase en grupos de traballo de 5-6 persoas. Ao fin da actividade, cada grupo terá que elaborar un "informe de campaña" cos datos recollidos.
A actividade é OBRIGATORIA.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000