Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía biolóxica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Traballo escrito, baseado na síntese crítica dun artigo cientifico. Valórase especialmente a claridade e o rigor da escritura e na aplicación e uso de conceptos científicos. A nota desta proba mantense para a convocatoria de xullo. É posible facer unha nova entrega en xullo, despois de solicitalo ao coordinador. 20 B1
C10
D1
D2
Resolución de problemas Presentación de casos prácticos resoltos, análogos a aqueles que teñen sido vistos nas prácticas. A nota desta proba mantense para a convocatoria de xullo. É posible facer unha nova entrega en xullo, despois de solicitalo ao coordinador. 20 B1
B4
C10
C11
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Exame intermedio con preguntas tipo test (verdadero/falso, resposta múltiple). 20 A1
B1
B4
C10
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito final, composto de cuestións breves e casos prácticos, para avaliar de forma integral o conxunto de conxunto de coñecementos e habilidades traballados durante clases, seminarios e prácticas.
40 A1
B1
B4
C10
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación publicaranse na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar:

http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Opción de avaliación global: A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico.

Na convocatoria de 2ª oportunidade gárdase a nota obtida nas dúas entregas (síntese de artigo científico e resolución de casos prácticos), pero non a nota do exame intermedio de preguntas obxectivas nin a nota do exame final. Tódalas persoas que concorran á 2ª convocatoria deberán volver a realizar o exame, cuxa nota representará o 60% da nota global. É posible, previa consulta co coordinador, realizar de novo as dúas entregas para esta segunda convocatoria.

Tódalas personas matriculadas deben facer as dúas entregas, xa que non se gardan as notas das entregas realizadas en anos pasados.

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000