|
Para superar a materia, esíxese que a cualificación global de cada un dos módulos (exames, seminarios e prácticas) por separado non sexa inferior a 4 puntos. Exames parciais e finais: A avaliación parcial do módulo de Fisioloxía Animal realizarase en horario de aula ao finalizar o módulo (data a confirmar, comunicarase a través da plataforma Moovi coa debida antelación). A avaliación do módulo de Fisioloxía Vexetal realizarase na data oficial de Primeira oportunidade determinada pola Xunta de Facultade e publicada no calendario de exames da web da Facultade (mar.uvigo.gal). Nesta data oficial o alumnado que o desexe poderá presentarse ao exame dos dous módulos da materia, sempre e cando non se tivera presentado ao exame parcial do módulo de F. Animal. O exame de segunda oportunidade realizarase na data oficial determinada pola Xunta de Facultade e publicada no calendario de exames da web da Facultade (mar.uvigo.gal). A este exame de segunda oportunidade o alumnado poderá presentarse só ao módulo que teña pendente (con cualificación < 4). Itinerario de avaliación global: Existe un segundo itinerario alternativo á avaliación continua coa posibilidade de superar a materia nunha proba final única, que incluirá os contidos de teoría e dos seminarios de problemas de Fisioloxía Vexetal. A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. Ademais, deberá ser comunicada ao profesorado da materia ao comezo do semestre e deberá estar xustificada. Para o alumnado que opte pola avaliación global, a entrega do boletín de problemas de F. Vexetal e do traballo de F. Animal é voluntaria e pode subir a nota final ata dous puntos. ------- Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario. Calquera uso da IA en traballos académicos debe ser declarado, indicando a ferramenta utilizada, a función realizada e o alcance da súa intervención e que parte do traballo é de autoría humana. Ante indicios fundados de uso indebido da IA o profesorado pode inadmitir traballos, solicitar probas adicionais ou remitir o caso ao procedemento administrativo disciplinario correspondente ______ |