Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Fisioloxía de organismos mariños
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Impartiranse 2-4 horas semanais durante o primeiro cuadrimestre ata alcanzar as horas previstas. Realizaranse na aula correspondente, co total do alumnado matriculado presente. Nelas comentaranse, con axuda de presentacións en Power point, os fundamentos teóricos da materia. Os materiais docentes estarán a disposición do alumnado na Plataforma Moovi.
Prácticas de laboratorio O alumnado realizará 3 sesións de prácticas no laboratorio: dúas sesións de 2,5 h cada unha de Fisioloxía animal, e unha sesión de 5 h de Fisioloxía vexetal.
A asistencia ás mesmas é obrigatoria para superar a materia.
Traballo tutelado FISIOLOXÍA VEXETAL:
Actividades curtas de aprendizaxe colaborativa na aula, en grupos espontáneos ou ao azar. Entrega inmediata. Son complemento da avaliación, non obligatorias. Cada actividade de aula entregada sube unha décima a nota final de FISIOLOXÍA VEXETAL, ainda que non penalizan se non se entregan.
Foros de discusión FISIOLOXÍA VEXETAL, a través da plataforma Moovi:
-Foro virtual de repaso: Artigos científicos e sitios web de citoloxía e histoloxía de vexetais mariños
-Foro virtual de innovación e estado da arte: Artigos científicos e sitios web de asuntos fisiolóxicos/ecofisiolóxicos de vexetais mariños
-Exercicios virtuais de propostas de preguntas e cuestións para o exame final
Cada aportación de calidade aos foros suma unha décima á nota final de FISIOLOXÍA VEXETAL, ainda que non penalizan se non se participa.
Seminario No módulo de FISIOLOXÍA ANIMAL dedicaranse á planificación e exposición de temas elaborados polos distintos grupos de estudantes.
No módulo de FISIOLOXÍA VEXETAL dedicaranse á resolución de problemas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000