Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química aplicada ao medio mariño I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O alumno desenvolverá un traballo breve, avaliándose o informe presentado e a súa exposición 25 A1
A2
A3
A5
B1
C6
C8
D1
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno deberá resolver e entregar os cuestionarios propostos na aula. Valorarase a participación e actitude do alumno, a sua capacidade para relacionar e aplicar os conceptos adquiridos. 10 A1
A2
A3
A5
B1
C6
C7
C8
D1
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumno deberá presentar un informe das prácticas realizadas no laboratorio.

A asistencia ás prácticas así como a elaboración do informe é obrigatorio para a superación da materia.

Valorarase ademais a actitude no laboratorio e o manexo e comprensión das técnicas experimentais usadas
25 A1
A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C6
C7
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame final no que se avaliarán os contidos teóricos da materia traballados nas sesións maxistrais e nos seminarios.

Os contidos desta materia presentan dous partes ben diferenciadas polo que o exame tamén estará dividido en dous partes que se corresponden aos Temas 1-7 e Temas 8-13.

Para a superación da materia o alumno deberá obter un mínimo dun 3,5 sobre 10 en cada unha das dúas partes nas que se divide o exame.
40 A1
A2
A3
A5
B1
C6
C7
C8
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O calendario oficial de exames pode ser consultado no seguinte link:

http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

A cualificación final será a suma de todos os apartados sempre que se superen os mínimos esixidos, se non se superasen a cualificación que figurará na acta será a do exame final ponderada.

A participación do estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado e a asignación dunha calificación. Considéranse actos de avaliación a asistencia ás clases prácticas de laboratorio, a realización dos traballos tutelados e a realización de exames.

Os porcentaxes de cada unha das partes manteranse na convocatoria da 2ª Oportunidade (Xullo).

Opción de avaliación global: A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. Levarase un rexistro interno de estas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000