Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía xeolóxica I
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Oceanografía xeolóxica II/V10G061V01308

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Oceanografía biolóxica I/V10G061V01301

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeoloxía: Xeoloxía I/V10G061V01103
Xeoloxía: Xeoloxía II/V10G061V01108
Medios sedimentarios costeiros e mariños/V10G061V01207
Sedimentoloxía/V10G061V01205
 
Outros comentarios
RECORDATORIO FORMA DE CUALIFICACIÓN Insístese en que a asistencia ás actividades presenciais da materia é obrigatoria. Cando a asistencia sexa inferior ao 80% do total das actividades, non se cualificará ao alumno/a; para as saídas de campo e/ou barco será necesario asistir ao 100% das mesmas. Se non se supera a materia, non se conserva a cualificación obtida nos bloques para o curso seguinte. FORMATOS DE ENTREGA A non ser que se diga explicitamente o contrario, todas as entregas han de realizarse en formato electrónico subíndoas á plataforma MooVI. Non se admitirán envíos por email, ou entregas en papel. CON RESPECTO A OS PRAZOS ENTREGA É importante que se teñan en conta os prazos de entrega dos traballos que se fixan. Todos os prazos expiran ás 24:00 do día indicado. Superado o prazo, considerarase que non se entregou o traballo. CON RESPECTO Á AUTORÍA DOS TRABALLOS As entregas de traballos en grupo son responsabilidade do coordinador, quen ten que explicitar os nomes de todos os membros do grupo. Ademais todos os co-autores teñen que subir á plataforma MooVI unha copia do seu traballo. Isto afecta o número de coautores (se houbese límite), á contribución de cada coautor (se alguen se repetise ou faltase) e á data de entrega. Non se admitirá engadir autores unha vez o traballo foi entregado. Autores que se repitan en máis dun traballo causarán a descalificación do traballo. Non se aceptarán traballos plaxiados en parte ou na súa totalidade, informarase o decanato desta circunstancia para que tome as accións disciplinarias oportunas. A PLATAFORMA MooVI É O MEDIO DE COMUNICACIÓN OFICIAL DA MATERIA. Sempre prevalecerá o establecido no programa que aparece en MooVI ou explicitado por correo electrónico polo responsable da materia sobre o que se indique oralmente en clase de teoría, prácticas, seminarios, tutorías ou campo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000