Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía xeolóxica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Informe escrito individual sobre a actividade realizada en seminarios. Pode incluír cuestionarios.

Esta actividade é de asistencia obrigatoria polo seu carácter experimental.
10 A1
A2
A3
A5
B1
B5
C12
D1
D2
Prácticas de campo Comprende un breve resumo escrito individual ou en grupo, dependendo da natureza da saída. Nel hase de reflectir a actividade realizada nas saídas e o seu alcance.

Esta actividade é de asistencia obrigatoria polo seu carácter experimental.
10 A2
A5
B1
D1
D5
Estudo de casos Informe de grupo en que se reflicten as actividades realizados durante as prácticas, no que se incluirán obxectivos, metodoloxía, resultados e conclusións.
Esta actividade é de asistencia obrigatoria polo seu carácter experimental.
25 A2
A3
A5
B1
B5
C13
C14
D1
D2
Lección maxistral Será unha proba escrita individual de entre 2 e 4 horas, cuxo obxectivo será a avaliación global do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias e coñecementos.
Comprenderá un ou varios dos seguintes tipos de cuestións: preguntas longas a desenvolver, preguntas curtas, preguntas de tipo test, resolución de problemas, interpretación de imaxes, mapas ou diagramas.
40 A1
A2
A3
A5
B1
C12
C13
C14
D1
D2
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución de cuestións e problemas relacionados cos contidos teóricos que o alumnado deberá resolver de forma autónoma.
15 A1
A2
A3
B1
C12
C13
C14
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia ás saídas, seminarios e prácticas é condición indispensable para ser cualificado. Estas actividades son de asistencia obrigatoria dado a súa carácter experimental.

Se unha das partes non está cualificada , a calificación que se lleva asignará será a media pura dividida entre 2.

Hai que alcanzar polo menos o 50% da puntuación máxima en cada un dos bloques para poder compensar facendo media coa cualificación obtida nos outros bloques.

De non superar a materia, non se conserva a cualificación obtida en ningún dos bloques para o curso seguinte.

2ª oportunidade:

Consistirá nun examen no que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos da materia, sempre que o alumnado tema asistido a clases de seminario, prácticas e saídas de campo.

Opción de avaliación global:

A solicitude para esta opción de avaliación deberá presentarse no tempo e forma que determine o Centro, que se publicará con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).

Outras consideracioóns:

As datas oficiais de exames se poderán consultar en: http://mar.uvigo.es/alumnado/*examenes/

Requírese do alumnado
que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase
inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o
nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou
traballo. 

As condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia
durante un curso completo. Se levará un rexistro interno destas actuacións
para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun
expediente disciplinario

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000