Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía biolóxica I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Dividiranse os grupos en subgrupos de 3-4 persoas. Cada subgrupo preparará un traballo a elixir os temas ofrecidos polo profesor ao principio do curso. Cada alumno deberá implicarse claramente en todas ou algunhas das facetas do traballo. Os traballos se tutorizarán
durante as horas destinadas aos seminarios. A exposición oral terá unha duración de 20 minutos para a presentación oral e 5 minutos para a rolda
de preguntas do profesor e do resto de alumnos. A presentación virá acompañada
por un arquivo en soporte informático (PDF) con formato de artículo científico que se enviará ao profesor en datas fixadas previamente á presentación.
Prácticas de laboratorio Coas mostras tomadas durante a saída ao mar, os estudantes aprenderán a realizar separación, identificación e recontos de organismos pertencentes a distintos grupos do bentos. Coa táboa de datos obtidos traballarase o apartado estatístico a partir de análise univariante, bivariante e multivariante.
Saídas de estudo Realizaranse na materia dúas saídas de campo:
1) Saída á ría de Vigo no buque Mytilus, para a recollida de mostras bentónicas mediante dragas cuantitativas (Van-Veen).

2) Saída ao roquedo de Aguiño (Ribeira, A Coruña)
Lección maxistral Presentaranse e discutiranse contidos teóricos que serán avaliados nun exame final.
Traballo tutelado Tutelaranse os traballos de investigación en grupo a través dos seminarios. Os alumnos que pertenzan ao mesmo grupo terán que asistir a mesmo grupo de seminario.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000