Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Zooloxía mariña
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A asistencia as prácticas e obligatoria e esixirase a asistencia alomenos ao 80% das prácticas para que esta metodoloxía poda ser avaliada.
Valorarase dita asistencia e aproveitamento do traballo feito polo estudantado durante a realización das prácticas no laboratorio (1 punto, 10%)

Exame de prácticas no laboratorio ó rematar o curso (1,5 puntos, 15%)

Para que esta metodoloxía poda ser sumada as outras metodoloxías, o/a estudante terá que ter alomenos 0,6 puntos no exame de prácticas.
25 A2
A5
B1
C9
C10
D1
Seminario Valorarase a asistencia e aproveitamento as dúas sesións de seminarios e as exposicións realizadas polo estudiantado e a súa participación no debate posterior. 5 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
D1
D2
Aprendizaxe colaborativa Avaliarase a capacidade de traballar en equipo de forma autónoma e a redacción dos resultados obtidos nos traballos tutelados en documentos escritos que ademáis serán defendidos nos seminarios (2 puntos, 20%).

Para que a puntuación nesta metodoloxía poda ser sumada as outras metodoloxías, o/a estudante terá que ter alomenos 0,8 puntos.
20 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
D1
D2
Lección maxistral Avaliación continua: realizaranse 4 probas de seguimento tipo test (10 minutos), repartidas ó longo do curso. Estas probas non liberan materia. Cada unha delas valdrá 0,5 puntos (2 puntos en total, 20%)

Exame final: será unha proba escrita global de toda a materia de respostas curtas a realizar ó rematar o curso (3 puntos, 30%).

Ambos resultados sumaranse; para que a puntuación de esta metodoloxía poda ser sumada as outras metodoloxías, o/a estudante terá que ter alomenos 2 puntos (40%).
50 A2
A5
B1
C1
C9
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais dos exámenes actualizadas e aprobadas pola Xunta de Facultade poden consultarse en:  http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

A cualificación final da materia será a suma da nota obtida en cada unha das metodoloxías propostas, sempre e cando a cualificación de cada unha delas sexa superior ó 40% da nota.

Prácticas: no caso de ausencias non xustificadas superiores ao 20% non se terá dereito a recuperación desta metodoloxía na segunda oportunidade. No caso de non acadar o 40% da nota do exame de prácticas, o alumnado terá dereito a realizar outro exame de prácticas na segunda oportunidade.

Aprendizaxe colaborativa: no caso de non acadar o 40% da nota nos traballos colaborativos, o alumnado terá dereito a presentar novos traballos na segunda oportunidade.

Seminarios: no caso de ausencias non xustificadas non se terá
dereito a recuperación desta metodoloxía na segunda oportunidade.

Lección maxistral: na segunda oportunidade o exame final valerá 5 puntos (50%); non teranse en conta as probas de seguimento (avaliación continua) que realízanse ao longo do curso. O exame constará dunha parte tipo test similar as probas de seguimento e outra parte de respostas curtas.

Na convocatoria de xullo o estudante deberá presentarse solamente a aquelas metodoloxías non superadas.

Considerarase a cualificación de NON PRESENTADO ó alumnado que non se presente nin o examen final de teoría nin ó de prácticas.

Dun curso para o seguinte conservaranse as cualificacións dos seminarios e os traballos tutelados.

Opción de avaliación global

A avaliación global constará dunha proba escrita dos contidos teóricos (50% da cualificación) e dos seminarios (normativa europea de etiquetado de peixes e mariscos e zonación do intermareal rochoso en Galicia) (25%), seguido dun examen no laboratorio de prácticas no que se avaliarán os coñecementos e destrezas do alumnado nos contidos prácticos da materia (25%).

A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente e poderá supor suspender a asignatura durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para que, no caso de reincidencia, se solicite no rectorado a apertura dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000