Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Zooloxía mariña
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
-Para a modalidade sepresencial e virtual:
As leccións maxistrais impartiranse a través das Aulas Virtuais do Campus Remoto, seguindo o programa oficial da materia. Adaptaranse os materiais didácticos complementándolos cuns documentos de aclaracións que subiranse a Moovi, sempre que sexa necesario. Habilitaranse tamén a través da plataforma Moovi foros de discusión para as dúbidas dos diferentes bloques temáticos. Ademáis responderanse dúbidas plantexadas polo correo electrónico e a través de titorías nos despachos virtuais. As leccións maxistrais serán gravadas para facilitar o seu acceso ao estudantado que poida ter problemas de conectividade.

Os seminarios previstos impartiranse a través das Aulas Virtuais do Campus Remoto, seguindo o programa oficial da materia. Habilitaranse tamén a través da plataforma Moovi foros de discusión para as dúbidas dos seminarios. Ademáis responderanse dúbidas plantexadas polo correo electrónico e a través de titorías nos despachos virtuais. Os seminarios serán gravados para facilitar o seu acceso ao estudantado que poida ter problemas de conectividade.

* Metodoloxías docentes que se modifican
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
- Para a modalidade semipresencial:
No caso de que non se poidan dar a totalidade das prácticas no laboratorio por limitacións do aforo, as diseccións realizaranse no laboratorio e as restantes prácticas, centradas no recoñecemento dos distintos grupos faunísticos, sustituiranse por prácticas no campo.
- Para a modalidade virtual
As prácticas de laboratorio que non se poidan realizar de forma presencial, impartiranse a través das Aulas Virtuais nos horarios previstos no calendario oficial utilizando materiais didácticos adaptados (infografías, fotografías e videos). Como nos laboratorios presenciais, controlarase a asistencia e o aproveitamento do alumnado. As prácticas serán gravadas para facilitar o seu acceso ao estudantado que poida ter problemas de conectividade.

TRABALLO TUTELADO
- Para a modalidade semipresencial:
Manterase o mostraxe fotográfico; para o resto do traballo que ten que realizarse por grupos, habilitaranse as ferramentas virtuais correspondientes para o traballo colaborativo.

-Para a modalidade virtual:
O transecto fotográfico no campo substituirase por un transecto fotográfico virtual para cada grupo. As titorías necesarias efectuaranse por correo electrónico ou ben utilizando as Aulas Virtuais.


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías realizaranse por correo electrónico ou ben utilizando os despachos virtuais. Tamén crearanse foros de debate para cada bloque temático.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Xa explicados anteriormente

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As porcentaxes de cada metodoloxía manteranse tanto na modalidade semipresencial como virtual. O que farase será modificar o tipo de proba.
Para a avaliación continua, as probas de seguimento realizaranse utilizando as ferramentas de exámenes tipo test de Moovi. Para a avaliación final das leccións maxistrais realizarase unha proba escrita de respostas tipo test a través das ferramentas habilitadas en Moovi. Para a avaliación final das prácticas si non pode realizarse o exame no laboratorio, propondranse unha serie de exercicios que o estudantado deberá resolver por escrito a través das ferramentas de Moovi.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000