Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía química II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral O alumnado, durante durante dúas sesións de docencia de aula, realizará en cada unha delas un cuestionario tipo test con 20 preguntas sobre os temas que se impartiron ata a data. Este cuestionado estará accesible desde a plataforma Moovi para todo aquel alumnado presente na aula e dispoñerá dun tempo máximo de 20 minutos para realizalo. Cada pregunta ben contestada terá un valor de 0,50 puntos e as preguntas mal contestadas restarán 0,25 puntos cada unha. As preguntas sen contestar non sumarán nin restarán puntos.
A nota final destas dúas probas calcularase coa media xeométrica das cualificacións obtidas.
7.5 A2
A4
B1
B2
B3
C6
C7
D1
D2
Resolución de problemas O alumnado, durante durante dúas sesións de docencia de aula, resolverá en cada unha delas un problema sobre o cálculo da concentración dun composto de interese en oceanografía, utilizando un método de análise química, a partir dos datos que se obteñen normalmente nun traballo de laboratorio, e expresar o resultado coas unidades e cifras significativas correctas. Este problema estará accesible desde a plataforma Moovi para todo aquel alumnado presente na aula e dispoñerá dun tempo máximo de 25 minutos para realizalo. Avaliarase o resultado obtido. A nota final destas dúas probas calcularase coa media xeométrica das cualificacións obtidas. 7.5 A2
A4
B1
B2
B3
B4
C6
C7
D1
D2
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son obrigatorias para todos os alumnos e avaliaranse de acordo co traballo realizado durante as sesións de laboratorio, de acordo a uns criterios de calidade publicados na plataforma Moovi. 3.75 A2
A4
B1
B2
B3
B4
C6
C7
D1
D2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O traballo de laboratorio e a memoria de prácticas será avaliada polo profesorado de acordo a uns criterios previamente establecidos a partir dunhas rúbricas que serán publicadas na plataforma Moovi.
No caso de que o traballo non sexa orixinal (sexa copia doutro traballo ou da rede), o profesor non avaliará devandito traballo.
21.25 A2
A4
B1
B2
B3
B4
C6
C7
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Tras finalizar cada unha das sesións de seminarios, o alumnado terá que responder, dentro do prazo establecido, a un cuestionario que terá accesible na plataforma Moovi. 25 A2
A4
B1
B2
B3
B4
C6
C7
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Nos exames finais, os alumnos terán que realizar un exame de tipo test onde contestarán a 40 cuestións sobre os aspectos presentados nas sesións de Clase Maxistral. En cada pregunta, o alumnado seleccionará unha única resposta que considere correcta. Cada pregunta ben contestada terá un valor de 0,250 puntos e as preguntas mal contestadas restarán 0,125 puntos cada unha. As preguntas sen contestar non sumarán nin restarán puntos. 17.5 A2
A4
B1
B2
B3
C6
C7
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Os problemas consistirán no cálculo da concentración dun composto de interese en oceanografía, utilizando un método de análise química, a partir dos datos que se obteñen normalmente nun traballo de laboratorio, e expresar o resultado coas unidades e cifras significativas correctas. Avaliarase o resultado obtido, así como a claridade e o razoamento utilizado para chegar a este.
O exame final consistirá na resolución de tres problemas deste tipo e a puntuación de cada problema figurará no enunciado do exame.
17.5 A2
A4
B1
B2
B3
B4
C6
C7
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A data, hora e lugar de realización das probas de avaliación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar:

A materia consta de catro grandes bloques principais e a cualificación
de cada un deles pondérase cun 25% sobre a nota final:

1.- Parte de teoría: que se divide en "Exame de preguntas obxectivas",
17,5%, e as probas incluídas en "Lección maxistral", 7,5%. Para
considerar superada esta parte, o alumnado terá que obter unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos en cada unha das probas.

2.- Parte de problemas: que se divide en "Resolución de problemas e/o
exercicios"
, 17,5% e as probas incluídas en "Resolución de problemas",
7,5%. Para considerar superada esta parte, o alumnado terá que obter
unha cualificación igual ou superior a 5 puntos en cada unha das probas.

3.- Traballos de seminarios (Exame preguntas de desenvolvemento, 25%). A
nota media dos seminarios calcularase coa media xeométrica obtida coas calificacións obtidas en
cada un dos cuestionarios realizados. Para considerar superada esta
proba, o alumnado terá que obter unha cualificación igual ou superior a 5
puntos.

4.- Prácticas de laboratorio. Avaliarase o traballo realizado no
laboratorio (3,75%, 1,5 puntos sobre 10) e o correspondente informe de
prácticas (21,25%, 8,5 puntos sobre 10) seguindo uns criterios que serán
publicados na plataforma Moovi. A nota media das prácticas
de laboratorio calcularase coa media xeométrica das cualificacións
obtidas en cada unha das prácticas. Para considerar superada esta proba,
o alumnado terá que obter unha cualificación igual ou superior a 5
puntos.

Para aprobar a materia será necesario superar cun mínimo de 5 puntos
sobre 10 en todos e cada un destes bloques. No caso de non superar a
nota mínima nalgún dos bloques, a nota máxima que poderá constar na Acta
será de 4,5 puntos.

Se a cualificación obtida no "Exame de preguntas obxectivas" é igual ou
superior a 5 puntos e, á súa vez, superior á alcanzada nas probas de
"Lección magistal", a cualificación total que constará no
Bloque 1 será a de "Exame de preguntas obxectivas".

Se a cualificación obtida na "Resolución de problemas e/o exercicios" é
igual ou superior a 5 puntos e, á súa vez, superior á alcanzada nas
probas de "Resolución de problemas", a cualificación total que constará
no Bloque 2 será a de "Resolución de problemas e/o exercicios".

En caso de non alcanzar a puntuación mínima nos bloques 1.- e/o 2.-,
terán que realizar novamente na convocatoria de 2ª oportunidade a parte
do exame de "Exame de preguntas obxectivas" e/o "Resolución de
problemas e/o exercicios"
non superada.

En caso de non alcanzar a puntuación mínima no bloque 3.-, o alumnado,
de maneira individual, terá realizar novamente os cuestionarios daquelas
sesións de seminarios nas que obtivo unha cualificación inferior a 5
puntos no prazo que estimará oportuno o/a profesor/a correspondente.

En caso de non alcanzar a puntuación mínima no bloques 4.-, o alumnado
terá que enviar novamente os informes de prácticas coas correccións
pertinentes, no prazo que estimará oportuno o/a profesor/a
correspondente.

A realización por parte do alumnado de calquera proba das que se mostran
na táboa anterior será tida en conta inmediatamente para a
cualificación final e constará na acta como alumno presentado na
convocatoria correspondente.

A ausencia inxustificada a unha das sesións de seminarios e/o prácticas,
bloques 3.- e 4.-, supón a non avaliación do bloque que corresponda,
debéndose repetir no curso seguinte.

As cualificacións e de cada un dos bloques serán publicados na
plataforma Moovi, indicando a data, hora e lugar de
realización das correspondentes revisións.



Opción de avaliación global. A solicitude para esta opción de avaliación terase que
presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con
anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas e
seminarios, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción
de avaliación. A non
asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así
como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).


Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e
honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (p.ex.
copia e/o plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou
destreza alcanzado polo alumnado en calquera tipo de proba, informe ou
traballo deseñado con este propósito. As condutas fraudulentas poderán
supoñer o suspenso na materia durante un curso completo. Levarase un
rexistro interno destas actuacións para, en caso de reincidencia,
solicitar ao Reitorado a apertura dun expediente disciplinario.

En caso de non superar a materia, unicamente validaranse para o ano
seguinte as seguintes probas en caso de telas superadas:
- Prácticas de laboratorio.
- Informes de prácticas.
- Exame de preguntas de desenvolvemento (seminarios).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000