Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía química II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nesta actividade presentaráselles aos alumnos o temario a desenvolver durante o semestre, así como os obxectivos, competencias e criterios de avaliación. Así mesmo explicaráselles a forma de desenvolver a materia ao longo do semestre, crearanse os grupos que realizarán as metodoloxías integradas.
Lección maxistral Durante a impartición de cada tema, os alumnos disporán na plataforma Moovi duns apuntamentos sobre o temario a tratar na sesión de aula e que estarán accesibles días antes da sesión de clase. O profesor exporá o temario na aula e realizarase unha serie de cuestións para promover o pensamento crítico durante a sesión de aula.
Os apuntamentos deixarán de estar dispoñibles na plataforma Moovi unha semana despois de finalizar a impartición da materia.
Resolución de problemas Durante as sesións na aula dedicadas a Resolución de problemas, os alumnos aprenderán a calcular concentracións de compostos de interese oceanográfico na auga de mar a partir de datos que se obteñen habitualmente no laboratorio. Os enunciados destes problemas e a súa resolución atoparanse na plataforma Moovi.
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán prácticas de laboratorio sobre as seguintes determinacións determinacións de parámetros químicos característicos da auga de mar así como de compostos químicos de interese en oceanografía química:
- Clorosidad e clorinidad.
- Alcalinidade total.
- Osíxeno disolto.
- Fosfatos en auga de mar.
- Metais por espectroscopía atómica.
Os informes de prácticas deben ser entregados no tempo estipulado, ser orixinais e serán avaliados polo profesor de acordo a uns criterios de avaliación publicados na plataforma Moovi.
A ausencia inxustificada a unha das sesións de prácticas, supón a non avaliación desta parte da materia, debéndose repetir no curso seguinte.
Non ten obrigación de realizar esta parte da materia aquel alumnado que a realizou durante o curso 2022-23 e obtivo unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.
Seminario Na sesión 1 de seminarios, o alumnado realizarán un proxecto orixinal relacionado cunha saída en barco para realizar un estudo de oceanografía química. Na sesión 2, o alumnado realizará os cálculos necesarios para a preparación de reactivos para poder facer as determinacións programadas na saída de barco proxectada na sesión 1. Nas sesións 3 e 4, o alumnado realizará a construción de perfís de profundidade a partir de datos obtidos nun laboratorio. Tras as sesións de seminarios, o alumnado terá que responder a uns cuestionarios que aparecerán na plataforma Moovi no prazo estipulado.
A ausencia inxustificada a unha das sesións de prácticas, supón a non avaliación desta parte da materia, debéndose repetir no curso seguinte.
Non ten obrigación de realizar esta parte da materia aquel alumnado que a realizou durante o curso 2022-23 e obtivo unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000