Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía química II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Contémplanse dúas posibilidades diferentes ante a posibilidade dunha complicación da epidemia:

- Un escenario de docencia "semipresencial" (teoría en remoto, prácticas e seminarios en presencial)
- Docencia non presencial (todo en remoto)

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

Aquelas que xa se teñan realizadas

* Metodoloxías docentes que se modifican

- Prácticas de laboratorio
As prácticas de laboratorio que non podan facerse en modo presencial se realizarán en forma de simulación a través da aula virtual (Campus Remoto) que a Universidade de Vigo ten a disposición do profesorado e do alumnado. Tras a sesión de aula virtual, terán que presentar o correspondente informe de acordo aos criterios e indicacións dos profesores de prácticas.

- Actividades intodutorias
- Lección maxistral:
- Resolución de problemas:
- Traballo tutelado:
- Presentación de traballos:
As sesións destas actividades que non se podan realizar presencialmente, realizaranse a través dol aula virtual que a Universidade de Vigo ten a disposición do profesorado e do alumnado.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

Poderanse realizar titorías persoales, previa cita por correo electrónico, no despacho virtual do profesorado
Óscar Nieto: Sala 1752
José Manuel Leao: Sala 1362
Inmaculada de la Calle: Sala 356

Na plataforma TEMA está habilitada a sección de Foros, onde estará aberto un foro para cada tema de aula impartido, así como varios foros para as prácticas de laboratorio, clases de problemas e seminarios. Desta maneira, os alumnos poderán facer as cuestións que poderán ser contestadas tanto polo profesorado como polas/os compañeiras/os de clase.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

Non procede

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

Empregaranse páxinas web e vídeos relacionados para complementar a formación do alumnado. Esta información estará disponible na plataforma TEMA.

* Outras modificacións

Non procede

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]

Non procede

* Probas pendentes que se manteñen

- Lección maxistral a través da ferramenta de Moovi. Peso anterior 7,5%: Peso proposto 5,0%

- Resolución de problemas a través da ferramenta de Moovi. Peso anterior 7,5%: Peso proposto 5,0%

- Exame de preguntas obxectivas a través da ferramenta de Moovi. Peso anterior 17,5%: Peso proposto 15,0%

- Resolución de problemas e/o exercicios: a través da ferramenta de Moovi: Peso anterior 17,5%; Peso proposto 15,0%

- Prácticas de laboratorio + Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas: (naquelas que se impartan por docencia virtual): Peso anterior 20,0%; Peso proposto 30,0%

- Examen de preguntas de desenvolvemento: Peso anterior 25,0%; Peso proposto 30,0%

* Probas que se modifican

* Novas probas

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000