Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Medios sedimentarios costeiros e mariños
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Asistencia e entrega do exercicio realizado. 10 A2
B4
C12
C13
D1
D5
Saídas de estudo Asistencia obrigatoria ás prácticas de campo .
Informes das saídas de campo.
20 A3
A4
B2
B4
C12
C13
D1
D5
Seminario Entrega dos resultados de cada un dos seminarios. 30 A4
B4
C12
C13
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame con preguntas de resposta curta sobre o programa desenvolvido durante as clases teóricas, prácticas e seminarios. 40 A3
A4
B1
C12
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, será necesario superar todas as probas e ter unha media de aprobado (50%). A asistencia ás  prácticas, seminarios e saídas ao campo son obrigatorias e consideraranse na porcentaxe de cualificación. Poderanse admitir ausencias por causas xustificadas. 

O exame final en calquera das convocatorias incluirá calquera aspecto teórico ou práctico que se expuxo durante o curso, incluíndo as saídas ao campo. Os alumnos que non asistan aos seminarios ou ás prácticas non poderán presentar as memorias correspondentes. 

Para superar a materia na segunda convocatoria os alumnos terán que realizar un exame de cada unha das partes da materia que non superaran.

Opción de avaliación global: A
solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma
que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo
académico. Dado o carácter experimental das prácticas, seminarios e sáida de estudo, a asistencia ás mesmas é
obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia, sen causa xustificada, invalida esta posibilidade, así como a
oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).
 

A fecha, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar:
http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.
Considerase inadmisible calquera forma de fraude (copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/unha alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo diseñado con este propósito. As conductas fraudulentas poderán supoñer suspender a asignatura durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ó rectorado dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000