Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Sedimentoloxía
   Contidos
Tema Subtema
Tema 0. Presentación da materia 0.1. Obxectivos;
0.2. Sesións teóricas e temas;
0.3. Seminarios de laboratorio e prácticas;
0.4. Traballos de campo;
0.5. Probas e exames;
0.6. Titorías personalizadas;
0.7. Sistema de avaliación;
0.8 Protocolo.
Tema 1. Conceptos básicos 1.1. Sedimentos, rocas sedimentarias e a súa relevancia con outras disciplinas;
1.2. Ciclo xeolóxico dos sedimentos e as rochas;
1.3 Fontes sedimentarias, roteiros e sedimentación;
1.4. Tempo de residencia dos sedimentos;
1.5. Relación entre a tectónica, o clima, a bioloxía, xeoquímica e a formación e deposición de sedimentos.
Tema 2. Métodos 2.1. Resumo dos métodos utilizados para recoller mostras de sedimentos e investigar a formación, erosión, transporte, sedimentación e diaxénese dos sedimentos no medio mariño e a litificación de rochas sedimentarias;
2.2. Campañas de mostraxe: estratexia e planificación;
2.3. Caracterización dos sedimentos: física, química e outras propiedades;
2.4. Exemplos e casos de estudo.
Tema 3. Meteorización de rocas e transporte de carga sólida e de solutos ao océano 3.1. Interacción auga-roca: descomposición química e física das rocas na superficie da Terra;
3.2. Mecanismos, taxas e alcance da meteorización e interaccións co clima e a tectónica;
3.3. Produtos da meteorización e o transporte de cargas sólidas e de solutos ao océano;
3.4. Impactos da meteorización na química oceánica.
Tema 4. Sedimentos silicilásticos I: caracterización xeral de fluídos e fluxos 4.1. Medios de transporte;
4.2. Propiedades físicas dos fluídos;
4.3. Conceptos relevantes na dinámica de fluídos: fluxos laminares e turbulentos, capa límite e efectos do fondo;
4.4. Tipos de fluxo: unidireccional, oscilatorio, gravitacional e licuefacción.
Tema 5. Sedimentos silicilásticos II: transporte de sedimentos e formas de fondo 5.1. Forzas que actúan sobre unha partícula de sedimento. Efecto Bernoulli;
5.2. Tipos de fluxos sedimentolóxicamente significativos. Número de Reynolds;
5.3. Entrada e transporte. Esforzo cortante. Capa límite e subcapa viscosa;
5.4. Sedimentación: Lei de Stokes. Modos de transporte: Curvas de Hjülstrom e Shields;
5.5. Formas de fondo baixo fluxos unidireccionais: terminoloxía, secuencia de formación e estabilidade;
5.6. Estratificación cruzada: tipos, formas de fondo baixo fluxos oscilatorios, estabilidade e relacións co réxime de fluxo;
5.7. Outras formas de fondo.
Tema 6. Sedimentos silicilásticos III: descrición e clasificación 6.1. Descrición: textura e estrutura;
6.2. Clasificación segundo tamaño;
6.3. Forma;
6.4. Orixe e composición;
6.5. Clasificación segundo a composición do sedimento;
6.6. O concepto de madurez textural e composicional;
6.8. Diaxénese de sedimentos silicilásticos e litificación en rocas sedimentarias siliciclásticas.
Tema 7. Sedimentos siliciclásticos IV: distribucións do tamaño de gran e fábrica de sedimentos siliciclásticos 7.1. Distribucións de tamaño de gran e estatística: teoría e exemplos prácticos
7.2. Fábrica e textura;
7.3. Porosidade e permeabilidade;
7.4. Estruturas non relacionadas co fluxo: biolóxicas, postedimentarias e diaxenéticas;
7.5 Interpretación das estruturas sedimentarias: escala temporal e espacial dos procesos sedimentarios silicilásticos.
Tema 8. Sedimentos químicos e bioquímicos I: química oceánica e sedimentación (bio) química 8.1. Procesos que controlan a química oceánica e a súa evolución a través do tempo;
8.2. Relación entre os sedimentos (bio) químicos, o clima e a meteorización;
8.3. Química do carbonato oceánico: especies carbonáticas e precipitación de carbonatos na auga de mar;
8.4. Minerais carbonáticos;
8.5. Saturación de carbonato, lisoclina e profundidade de compensación e a súa evolución temporal en relación coa meteorización e o cambio do nivel do mar.
Tema 9. Sedimentos químicos e bioquímicos II: descrición e clasificación de sedimentos carbonatados 9.1. Compoñentes aloquímicos;
9.2. Compoñentes ortoquimicos;
9.3. Clasificación de sedimentos e rochas carbonatadas e os seus ambientes sedimentarios;
9.4. Diaxénese de sedimentos carbonatados e a súa litificación en rochas carbonatadas.
Tema 10. Sedimentos químicos e bioquímicos III: Ambientes sedimentarios de carbonatos 10.1. Produción e fábrica de carbonatos;
10.2. Procesos físicos que controlan a produción e distribución de facies carbonáticas no océano;
10.3. Procesos químicos que controlan a produción e distribución de facies carbonáticas no océano;
10.4. Casos de estudo en ambientes actuais.
Tema 11. Sedimentos químicos e bioquímicos IV: sedimentos silíceos, evaporíticos e outros sedimentos (bio)químicos 11.1. Sedimentos silíceos mariños;
11.2. Sedimentos evaporíticos;
11.3. Outros sedimentos (bio)químicos.
Tema 12. Acumulación de sedimentos no espacio e no tempo 12.1. A contribución dos sedimentos siliciclasticos e carbonatados e de os outros sedimentos ao rexistro sedimentario e súa relación con as diversas contornas oceánicas, climáticas e tectónicas;
12.2. Cómo os sedimentos chegan a cunca: conceptos básicos de estratigrafía secuencial;
12.3.Cómo se definen os corpos sedimentarios: conceptos básicos de facies sedimentarias e tipos de facies.
Seminarios Seminario 1: Determinación do tamaño do gran e análise estatísticas dos datos;
Seminario 2: Procesos de transporte de sedimentos nun tanque de sedimentación;
Seminario 3: Análise cuantitativa da deposición de sedimentos carbonatados no océano.
Prácticas laboratorio Petroloxía sedimentaria óptica.
Traballos de campo 1. Saída á marxe Sur da Ría de Vigo;
2. Saída ás praias de Montalvo e Pociñas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000