Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Física: Física II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Física: Física II Código V10G061V01203
Titulación
Grao en Ciencias do Mar
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 2 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Galego
Prerrequisitos
Departamento Física aplicada
Coordinador/a
Lugo Latas, Luis
Correo-e luis.lugo@uvigo.es
Profesorado
Lugo Latas, Luis
Web http://https://mar.uvigo.es/
Descrición xeral A Física, como disciplina científica, ocúpase, en xeral, da descrición dos compoñentes da materia e da súa interacción, desenvolvendo teorías que, de xeito formal e consistente, teñan un acordo co coñecemento empírico da realidade. Desde unha definición tan ampla, pódense adoptar distintas perspectivas ou niveis de aplicación, dende os fenómenos microscópicos (a escala atómica) aos macroscópicos, que dan lugar ás súas distintas ramas. A Física, deste xeito, é base precursora de incontables aplicacións científicas e tecnolóxicas e, en particular para o estudantado de Ciencias do Mar, é indispensable como base e ferramenta para comprender posteriores desenvolvementos e teorías que se tratarán especificamente noutras materias do plan de estudos da titulación.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000