Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Física: Física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a asimilación de coñecementos do estudantado cunha proba escrita individualizada baseada en resolución de problemas e cuestións reflexivas curtas relacionadas coa materia desenvolvida. A Proba realizarase conforme ao calendario oficial: http://mar.uvigo.es/index.php/gl/alumnado-actual/examenes-2 40 A5
C1
C4
C5
D1
D2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Cualificarase a realización das prácticas realizadas no laboratorio e a memoria das mesmas, feita polo alumnado en grupos de dúas persoas. Recórdase que a asistencia ás prácticas de laboratorio e a entrega, en tempo e forma, da memoria correspondente é obligatoria para superala materia no ano en curso. 25 A5
B1
B3
C1
C4
D2
Cartafol/dossier Realización dun e-portfolio en grupos de dúas persoas baseado en contidos da materia 35 A5
B1
B3
C1
C4
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Na avaliación da segunda convocatoria poderase realizar a recuperación da proba escrita individual corresponde á resolución de problemas e/ou exercicios que terá un peso do 40%, mentras que se mantén a nota "conxunta" derivada das outras metodoloxías obtidas na primeira convocatoria.

Opción de avaliación global: A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo do curso académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade). A avaliación global realizarase mediante un único exame (75%) sobre todos os
contidos da materia. Así mesmo, o alumnado afectado deberá crear e realizar
unha práctica no propio laboratorio de física (25%) para determinar unha propiedade
física, analizada no programa, dun material dado.

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levarase un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000