Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Botánica mariña
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios EXAME e probas relativas á parte teórica da materia 40 A2
A5
Resolución de problemas e/ou exercicios Tres CUESTIONARIOS de preguntas tipo test ou curtas relativas aos principais bloques da materia (introductoria, grupos unicelulares, pluricelulares e vexetación).

Os cuestionarios non eliminan materia, son somentes unha axuda ao estudo.

A cualificación obtida tan só será considerada na Primeira Oportunidade; de ter que acudir a Segunda Oportunidade a avaliación da parte teórica será exclusivamente mediante o Exame.
15 A2
A5
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Evaluación de INFORMES INDIVIDUAIS referidos ás actividades das clases prácticas de campo e laboratorio.

No caso de non superar esta parte na Primeira Oportunidade, deberase facer un exame de prácticas na Segunda Oportunidade.
25 A5
C4
D3
Estudo de casos INFORME INDIVIDUAL do estudo do caso proposto e desenvolvido nos Seminarios.

De ser necesario, a recuperación na Segunda Oportunidade realizarase mediante un Exame de preguntas obxectivas (test)
5 A2
A3
A4
D1
D2
Traballo Elaboración colaborativa de un traballo escrito, e Exposición pública dos traballos tutelados.

No caso de non superar esta parte na Primeira Oportunidade, deberase facer un traballo individual na Segunda Oportunidade.
15 A2
A3
A4
A5
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A cualificación final da materia será a suma da nota
obtida en cada unha das probas propostas, sempre e cando a cualificación de
cada unha delas sexa superior ó 40% da nota da proba. No caso de non acadar ese mínimo, a calificación será de suspenso.

Considerarase a cualificación de NON PRESENTADO ó
alumnado que non se presente nin ao exame final de teoría nin á proba de
prácticas

A asistencia ás clases prácticas É OBRIGATORIA, e por tanto aquel estudante
que non asista ao 100% das clases sen causa xustificada non poderá ser avaliado
desta parte, e non poderá recuperar esta parte na Segunda Oportunidade.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Na Segunda Oportunidade conservaranse os resultados xa aprobados na
Primeira Oportunidade, coa excepción dos cuestionarios de Teoría: xa que non
‘descontan materia’ todo o contido de Teoría deberá ser recuperado en conxunto
no Exame, que incrementa o seu peso na nota final ata o 55%.

Na Segunda Oportunidade, a parte práctica da materia poderá ser recuperada
cun exame de prácticas, co mesmo peso na cualificación final (25%).

Na Segunda Oportunidade deberán repetir o Traballo aqueles estudantes que
non acadaran a metade da nota (0.7) na primeira oportunidade, pero de xeito
individual, e co mesmo peso na cualificación final (1.5).

Na Segunda Oportunidade poderá ser recuperada a cualificación obtida nos
seminarios (5%) mediante un “Exame de preguntas obxectivas” (test).

Igual que na Primeira Oportunidade, a cualificación
final da materia será a suma da nota obtida en cada unha das probas propostas
sempre e cando a cualificación de cada unha delas sexa superior ó 40% da nota
da proba.

 En caso de non superar a materia, as cualificacións dos
seminarios e os traballos tutelados poderán ser conservadas dun curso para o
seguinte, pero só unha vez.

 Opción de avaliación global

A solicitude para esta opción de avaliación
terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será
publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental
das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta
opción de avaliación. A porcentaxe da parte práctica terá o mesmo peso que no caso de avaliación continua (25%), e o resto da cualificación deberase obter no exame final. En ambas partes (teórica e práctica) debe alcanzarse alomenos a mitade da nota para superar a materia.A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta
posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª
oportunidade).

Os exames celebraranse segundo nas datas aprobadas en Xunta de Facultade (http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/)

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e
honesta.

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (ex. copia ou plaxio)
encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a
alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este
propósito. A conduta fraudulenta poderá supor o suspenso da materia por un
curso completo, e a reincidencia conducirá á apertura de un expediente
disciplinario fronte á Reitoría.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000