Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Neste apartado pódense valorar diferentes aspectos como:
- O traballo realizado no laboratorio.
- O informe das prácticas realizadas.
- A proba con preguntas relacionadas co traballo realizado durante as prácticas que se realizarán cando rematen as mesmas.

Para superar a materia é obrigatorio a realización das prácticas e tamén acadar polo menos o 50% da puntuación máxima posible desta actividade.
15 B4
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita na que se comprobará o nivel de coñecementos teóricos e resolución de problemas. Será eliminatoria e terá lugar a mediados do cuadrimestre.
Ver "Outros comentarios"
30 A1
A5
B4
C6
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita na que se comprobará o nivel de coñecementos teóricos e resolución de problemas. Celebrarase na data fixada pola Xunta de Facultade.
Ver "Outros comentarios"
30 A1
A5
B4
C6
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a resolución de problemas e cuestións propostas, na aula e/ou na plataforma Moovi, segundo as pautas establecidas polo profesorado nas clases e seminarios da materia. 25 A1
C6
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A participación do alumnado en calquera das actividades de avaliación da materia implicará a asignación dunha cualificación na materia. Para iso terase en conta a asistencia a prácticas (dúas ou máis), a entrega de exercicios propostos polo profesorado (20%) e a realización dunha das probas escritas.

A cualificación final do curso virá dada pola suma ponderada das cualificacións dos apartados que compoñen a avaliación, sempre que se acade o mínimo esixido en cada un deles.

O alumnado que só realice as prácticas recibirá a cualificación resultante da aplicación da porcentaxe correspondente a este apartado.

A cualificación correspondente ás probas de desenvolvemento será a media da nota obtida en ambas e, para superar a materia, deberá acadarse unha puntuación igual ou superior a 4 puntos sobre 10. No caso de obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10, a cualificación que figurará na acta da materia memoria será a nota ponderada das probas de desenvolvemento.

Avaliación na convocatoria extraordinaria

Na convocatoria de xullo respectaranse as porcentaxes anteriores, mantendo as cualificacións obtidas nas prácticas e na resolución de exercicios e preguntas.

Nesta convocatoria, o alumnado poderá recuperar a cualificación correspondente ás probas de desenvolvemento (60%) mediante a realización dunha proba global. Para superar a materia é preciso acadar nesta proba unha puntuación igual ou superior a 4 puntos sobre 10.

A cualificación final virá dada pola suma ponderada das cualificacións dos apartados que compoñen a avaliación, sempre que se acade o mínimo esixido en cada un deles. De non acadarse a nota mínima na proba, a cualificación que figurará na acta desta convocatoria será a da proba global ponderada.

Avaliación global

O alumnado que desexe optar á avaliación global (EG) deberá solicitala no prazo e na forma que estableza o Centro. Esta información estará a disposición dos estudantes antes do inicio do período académico.

Para superar a materia na modalidade de avaliación global é necesario realizar as prácticas e acadar, como mínimo, o 50% da puntuación máxima posible desta actividade.

O alumnado que opte ao EG realizará unha proba na que se abordará todo o contido da materia. Esta proba constituirá o 85% da nota final da materia, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria. Para superar a materia é necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5,0 puntos sobre 10 nesta proba.

Outras consideracións


Realización das probas de avaliación

O calendario das probas de avaliación pódese consultar en: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Importante

Os estudantes están obrigados a cursar esta materia cunha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (é dicir, copia e/ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecementos ou destreza alcanzado por un alumno ou alumna en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado para este fin. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000