Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases teóricas impartidas mediante unha presentación en pantalla(a disposición dos alumnos na plataforma TEMA). Nestas clases introduciranse os contidos básicos, facendo énfase nas cuestións de maior importancia e dificultade. Resolveranse tamén algúns problemas numéricos. Os boletíns de problemas estarán tamén dispoñibles a través da plataforma TEMA.
Seminario Actividad destinada á resolución de problemas numéricos e debate das cuestións e exercicios. A través da plataforma TEMA proporcionarase o material necesario.

Adicionalmente, o alumnado traballará exercicios e cuestións propostos, de acordo ás pautas establecidas polo profesorado nas clases e seminarios da materia.
Prácticas de laboratorio Aplicación de técnicas de laboratorio en problemas prácticos relacionados coa materia. A través da plataforma TEMA proporcionaranse os guións de prácticas e as normas de traballo no laboratorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000