Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Química: Química II Código V10G061V01110
Titulación
Grao en Ciencias do Mar
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Química Física
Coordinador/a
Prieto Jiménez, Inmaculada
Correo-e iprieto@uvigo.es
Profesorado
Fernández Nóvoa, Alejandro
Mandado Alonso, Marcos
Prieto Jiménez, Inmaculada
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral A materia "Química II" correspóndese co segundo bloque do primeiro curso de Química no grao de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. Pretende introducir ao alumnado na visión termodinámica da Química. Para iso, realizarase unha revisión e afondamento dos seus principios xunto coa definición rigorosa e significado das funcións de estado, como as de Gibbs e Helmholtz, amais do potencial químico. A partir delas definiremos as condicións de equilibrio e aplicarémolas ao estudo de fases e procesos químicos. Consideraremos tamén como aborda a Termodinámica o estudo de disolucións ideais e reais e as propiedades coligativas.

A docencia divídese en tres partes. Na primera presentarase a parte teórica da materia e algúns exemplos ou aplicacións teóricos desta. A segunda consistirá en seminarios para a resolución de exercicios estimulando a participación/realización por parte dos estudantes. A terceira parte correspóndese coas prácticas de laboratorio, onde se tratarán aplicacións reais (sesións experimentais) do estudado nas outras dúas partes e que servirán para que o alumnado asimile a dinámica de traballo nun laboratorio de Química.

Materia do programa "English Friendly". Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000