Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas en aulas informáticas Os estudiantes deben resolver algúns exercicios co programa informático utilizado nas sesións de laboratorio. 10
CB5
CE2
CT2
Aprendizaxe colaborativa Participacion en todas as actividades, fundamentalmente de grupo, propostas polo profesorado, sexan estas para realizar dentro ou fóra da aula. 10
CB5
CE2
CT2
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso realizaranse probas parciais con preguntas tipo test e/ou de resposta curta. 20
CE1
CE2
CT2
Exame de preguntas de desenvolvemento Ó finalizar o curso realizaráse unha proba final con preguntas que poderán ser tipo test, de resposta curta e/ou problemas. Será requisito imprescincible superar en un 30% a cualificación desta proba para aprobar a materia.

40
CB5
CE1
CE2
CT2
Resolución de problemas e/ou exercicios Exposición ou entrega na aula nas que o estudantado debe solucionar unha serie de problemas baixo as condicións e o tempo establecidos polo profesor. 20
CB5
CE1
CE2
CT2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar:
    http://mar.uvigo.es/index.php/gl/alumnado-actual/examenes-2
  • Podrá realizarse unha proba parcial que pode liberar materia da proba final. 
  • Para aprobar a materia, serán imprescindibles os seguintes requisitos:

- Superar o 30% da cualificación da proba final.

- Acadar na suma das cualificacións de todos os apartados o 50% da cualificación. 

  • Calquera estudante que, durante o curso, participe en probas de avaliación de dous ou máis temas do programa non poderá, en ningún caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.
  • Calquera estudante que non supere a materia en xuño, e pretenda facelo en xullo, manterá as cualificacións obtidas durante o curso en cada unha das probas de avaliación realizadas, salvo as probas parciais (que poderá compensar coa nota do exame final) e a proba final que deberá repetir obrigatoriamente.

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As conductas fraudulentas podrán supoñer suspender a asignatura durante un curso completo. Levaráse un rexistro internodestas actuacións para, no caso de reincidencia, solicitar ó reitorado  a apertura dun expedente disciplinario.  

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000