Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Probas ao longo do curso. O alumnado realizará catro casos prácticos de análise de datos empregando o software R. Cada caso práctico contará o 7.5% da cualificación final. A avaliación realizarase mediante unha proba a través da plataforma Moovi e a entrega do código (script) necesario para a súa resolución. 30 A2
A3
A4
A5
B2
B4
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Probas ao longo do curso. Dous exames parciais tipo test. Cada exame contará o 15% da cualificación final. 30 A2
A3
A4
A5
C2
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final dos contidos da materia. A proba consistirá na resolución de problemas e exercicios. Deberase obter unha cualificación superior a 3.5 puntos (sobre 10) para poder superar a materia. 40 A2
A3
A4
C2
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: Valorarase o traballo da/o alumna/o ao longo do curso. Na cualificación
final, as probas realizadas ao longo do curso (prácticas e parciais) suporán un 60% e a
proba final (a realizar na data oficial) un 40%. Para superar a materia, será obrigatorio presentarse á proba final e deberase obter unha
cualificación superior a 3.5 puntos (sobre 10). En caso de non obter na proba final a cualificación mínima para superar a materia, a nota a aparecer na acta será o mínimo entre 4.9 e a cualificación final (ponderada).

Segunda oportunidade: Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo baremo que na avaliación continua, contando as probas realizadas ao longo do curso un 60% e a proba final un 40%.
Neste caso manteranse as cualificacións das probas realizadas ao longo do curso e só se repetirá a proba final, na que de deberá obter unha
cualificación superior a 3.5 puntos (sobre 10) para poder superar a
materia. En caso de non obter na proba final a cualificación mínima para superar a
materia, a nota a aparecer na acta será o mínimo entre 4.9 e a
cualificación final (ponderada).

Avaliación global: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación. Neste caso, será necesario obter unha cualificación superior a 5 puntos (sobre 10) para poder superar a materia. A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo
e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo
académico. 


A data, hora e lugar das probas finais publicarase na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar.


http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/


Requírese do alumnado que curse esta materia un comportamento
responsable e honesto. Considérase inadmisible calquera forma de fraude
(copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecemento e
habilidades acadados en todo tipo de proba, informe ou traballo. As
condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso
completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para, en caso
de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente
disciplinario.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000