Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Estatística
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1: Introdución á estatística. Conceptos básicos Poboación. Individuo. Mostra. Variable aleatoria. Tipos de variables: cualitativas e cuantitativas. Estatística descritiva e inferencial.
Tema 2: Estatística descritiva e análise exploratorio de datos - Caso unidimensional: distribución/táboa de frecuencia. Medidas de localización (media, mediana, moda e cuantís), dispersión (rango, rango intercuartílico, varianza e desviación típica) e forma (asimetría).
- Caso bidimensional: táboas de frecuencia de dobre entrada. Correlación. Medidas de centralización e dispersión por subgrupos.
- Representacións gráficas unidimensionais e bidimensionais.
Tema 3: Introdución á teoría da probabilidade, variables aleatorias e principais distribucións de probabilidade. Conceptos básicos: espazo mostral, sucesos e sucesos elementais, regras básicas de probabilidade, principais teoremas de probabilidade, probabilidade e independencia condicional, distribución de probabilidades.
Función de masa de probabilidade. Función de distribución e densidade.
Principais distribucións de probabilidade discretas: binomial, multinomial, Poisson.
Principais distribucións de probabilidade continua: normal, exponencial.
Tema 4: Introdución á inferencia estatística Estimación puntual: propiedades dos estimadores. Estatísticos notables.
Intervalos de confianza: construción. Intervalos notables.
Contrates de hipóteses: conceptos principais. Tipos de erro. Nivel crítico ou valor p. Contrastes notables.
Tema 5: Comparación de medias Comparación de dúas medias: mostras dependentes e independentes. Probas non paramétricas.
Comparación de máis de dúas medias: análise da varianza (ANOVA) dun factor. Probas non paramétricas.
Tema 6: Regresión e correlación Modelo de regresión lineal simple. Recta de axuste. Contrastes de hipótese para o modelo de regresión lineal simple. Bondade de axuste e análise de residuos.
Regresión non lineal: modelo logarítmico e exponencial.
Tema 7: Análise de datos cualitativos Táboa de continxencias. Medidas de asociación. Proba Chi-cadrado de bondade de axuste e independencia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000