Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Probas que constarán de preguntas teóricas e exercicios que o estudantado responderá organizando e presentando, de maneira extensa, os coñecementos que ten sobre a materia.
Faranse tres probas, contando cada unha delas un 20 por cento da cualificación.
60 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
D1
D2
D3
D4
D5
Prácticas con apoio das TIC Proba en que o alumnado debe resolver algúns exercicios empregando o programa informático utilizado na aula. 5 A5
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase como parte dunha proba final que terá lugar ao finalizar o curso, e terá unha valoración do 35 por cento da nota final. 35 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non desexe seguir con regularidade a materia poderá escoller a opción de avaliación global. A solicitude para esta opción deberá presentarse no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao inicio académico. No caso de optar pola avaliación GLOBAL, toda a materia se evaluará nunha única proba que se corresponderá co 100% da nota final.

Para a segunda oportunidade o alumnado que siga a avaliación continua manterá a cualificación obtida nesta. Para os restantes alumnos a proba se corresponderá co 100% da nota final.

A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000