Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Realizarase unha proba de resolución de problemas semellantes os resoltos nos seminarios e/ou avaliarase as entregas dos problemas propostos. 30 A4
A5
C4
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Cualificarase a asimilación de coñecementos do alumnado cunha proba escrita de resolución de varios problemas e/ou cuestións relacionadas cos coñecementos desenvoltos durante o curso. Esixirase unha nota mínima de 3.5 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia. 40 A4
A5
C4
D1
D2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avaliarase a asistencia e destreza no laboratorio así como a memoria de prácticas de laboratorio realizada polo estudantado. 30 A4
A5
B3
C4
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OPCIÓN DE AVALIACIÓN GLOBAL:

O alumnado que desexe optar pola avaliación global deberá solicitalo no plazo e na forma que estipule o Centro. Esta información estará disponible para todo o alumnado antes do inicio do periodo docente. Para superar a materia deberá realizar e superar a avaliación das Prácticas de Laboratorio (30% da nota global) con cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Ademais, deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 nunha proba na que se avaliarán todos os contidos da materia, que contará o 70% da nota final, tanto na convocatoria ordinaria coma na extraordinaria.

Prácticas de laboratorio: A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria, dado o seu caracter experimental, por tanto no caso de ausencias non xustificadas non se terá dereito á recuperación desta metodoloxía nin na modalidade de avaliación global nin na oportunidade extraordinaria (convocatoria de xullo).

Seminarios: En caso de evaluación global o 30% correspondente a esta metodoloxía será evaluado no exame final.

Oportunidade extraordinaria (2ª Oportunidade): No caso de avaliación continua, nesta convocatoria poderase realizar unicamente a recuperación do exame de problemas da convocatoria ordinaria (40%). Os alumnos que NON superasen os 5 puntos sobre 10 na nota de seminarios e da memoria prácticas de laboratorio, poderán mellorala na oportunidade extraordinaria (convocatoria de xullo).

Outras consideraciones:

A data, hora e lugar de realización das probas de avaliación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. Levaráse un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar ao reitorado a apertura dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000