Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Carácter CG Código Competencias Xerais
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Coñecer vocabulario, códigos e conceptos inherentes ao ámbito científico oceanográfico
  CE2 Coñecer e comprender os feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coa oceanografía
  CE3 Comprensión crítica da historia e do estado actual das Ciencias do Mar
  CE4 Coñecer as técnicas básicas de mostraxe na columna de auga, organismos, sedimentos e fondos, así como de medida de variables dinámicas e estruturais
  CE5 Coñecemento básico da metodoloxía de investigación en oceanografía
  CE6 Capacidade para identificar e entender os problemas relacionados coa oceanografía
  CE7 Coñecer as técnicas básicas da economía de mercado aplicada aos recursos mariños
  CE8 Comprender os principios das leis que regulan a utilización do medio mariño e os seus recursos
  CE9 Coñecer as Institucións e Organismos públicos e privados, nacionais e internacionais relacionados coas Ciencias do Mar
  CE10 Coñecer a problemática e os principios básicos da sustentabilidade en relación coa utilización e explotación do medio mariño
  CE11 Planificar usos do litoral e do medio mariño e xestión sustentable dos recursos
  CE12 Manexar técnicas instrumentais aplicadas ao mar
  CE13 Tomar datos oceanográficos, avalialos, procesalos e interpretalos con relación ás teorías en uso
  CE14 Recoñecer e analizar novos problemas e propoñer estratexias de solución
  CE15 Recoñecer e implementar boas prácticas científicas de medida e experimentación, tanto en campaña como en laboratorio
  CE16 Planificar, deseñar e executar investigacións aplicadas desde a etapa de recoñecemento ata a avaliación de resultados e descubrimentos
  CE17 Saber traballar en campañas e en laboratorio de xeito responsable e seguro, fomentando as tarefas en equipo
  CE18 Transmitir información de forma escrita, verbal e gráfica para audiencias de diversos tipos
  CE19 Caracterizar, clarificar e cartografar fondos mariños, subsolos mariños e áreas litorais
  CE20 Buscar e avaliar recursos de orixe mariña, de diversas clases
  CE21 Xerir áreas mariñas e litorais protexidas
  CE22 Controlar problemas de contaminación mariña
  CE23 Deseñar, controlar e xerir centros de recuperación de especies mariñas ameazadas
  CE24 Participar e realizar programas de formación e divulgación sobre os medios mariño e litoral
  CE25 Participar e asesorar en investigacións sobre clima mariño
  CE26 Planificar, dirixir e redactar informes técnicos sobre cuestións mariñas
  CE27 Comprender os detalles do funcionamento de empresas vinculadas ao medio mariño, recoñecer problemas específicos e propoñer solucións
  CE28 Impartir docencia no ámbito científico nos diferentes niveis educativos
  CE29 Destreza no uso práctico de modelos, incorporando novos datos para a validación, mellora e evolución dos mesmos
  CE30 Identificar e avaliar impactos ambientais no medio mariño
  CE31 Capacidade para desenvolverse e entenderse nas institucións públicas e privadas, nacionais e internacionais do ámbito das Ciencias do mar
  CE32 Control de calidade de alimentos mariños
  CE33 Control de pesqueiras
  CE34 Deseñar, controlar e xerir plantas de produción acuícola
  CE35 Control de calidade de augas en plantas depuradoras
  CE36 Acuarioloxía
  CE37 Asesoría ou asistencia técnica en temas relacionados co tema mariño e litoral
  CE38 Usos técnicos de enerxía renovables
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Capacidade de análise e síntese
  CT2 Capacidade de organización e planificación
  CT3 Comunicación oral e escrita nas linguas oficiais da Universidade
  CT4 Habilidades básicas do manexo do ordenador, relacionadas co ámbito de estudo
  CT5 Habilidade na xestión da información (procura e análise da información)
  CT6 Resolución de problemas
  CT7 Toma de decisións
  CT8 Capacidade de traballar nun equipo
  CT9 Capacidade crítica e autocrítica
  CT10 Compromiso ético
  CT11 Capacidade de aprender de forma autónoma e continua
  CT12 Capacidade para adaptarse a novas situacións
  CT13 Capacidade de xerar novas ideas (creatividade)
  CT14 Iniciativa e espírito emprendedor
  CT15 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
  CT16 Habilidades de investigación
  CT17 Sensibilidade cara a temas ambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000