Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Contaminación mariña
   Contidos
Tema Subtema
1. Introducción. Contaminación, fenómeno antropoxénico. Contaminación: efecto nocivo. Avaliación integral da contaminación mariña. Criterios e normas de calidade ambiental. Vías de entrada de contaminantes no mar. Sumidoiros: compartimentos abióticos e seres vivos.

CONTAMINACIÓN URBANA E AGRÍCOLA

2. Contaminación orgánica. Carbono no medio mariño. Fontes de contaminación orgánica: residuos líquidos. Estima da materia orgánica en efluentes e augas receptoras: DBO, DQO e COT. Exceso de materia orgánica : Hipoxia e anoxia.

3. Contaminación por exceso de sales nutrintes. Nitróxeno e fósforo no medio mariño. Eutrofización e hipereutrofización. Fontes antropoxénicas de sales nutrintes. Deterxentes.

4. Contaminación microbiana. Microorganismos patóxenos presentes no medio mariño. Análise microbiolóxica de augas. Análise microbiolóxica de moluscos. Autodepuración. Estima da contaminación microbiana en efluentes: T90.

5. Residuos sólidos. Os residuos sólidos urbáns (RSU); xerarquía na xestión do lixo. Plásticos: natureza química e relevancia ambiental no medio mariño.

CONTAMINACIÓN INDUSTRIAL

6. Hidrocarburos. Petróleo. Hidrocarburos aromáticos polinucleares. Fontes e evolución no medio mariño. Mareas negras; prevención e combate. Panorama histórico das mareas negras. Efectos sobre os seres vivos.

7. Compostos orgánicos xenobióticos. Pesticidas organoclorados: uso; concentracións nos compartimentos mariños; bioacumulación e bioamplificación; toxicidade. Panorama histórico dos pesticidas. Pesticidas non persistentes:,toxicidade. Bifenilos policlorados (PCBs) e polibromados; fontes, concentracións nos compartimentos mariños, toxicidade. Dioxinas e dibenzofuranos: fontes; concentracións nos compartimentos mariños; toxicidade.

8. Metais pesados. Importancia como contaminantes: niveis de fondo e enriquecemento antropoxénico. Distribución no océano. Mercurio : fontes; concentracións nos compartimentos mariños; bioacumulación e bioamplificación; toxicidade. Metilmercurio e outros organo-mercuriais. O mercurio na ría de Pontevedra.

9. Metais pesados II. Cobre: fontes; concentracións nos compartimentos mariños; toxicidade. Chumbo: fontes; concentracións nos compartimentos mariños; bioacumulación; toxicidade. Cromo: fontes; concentracións nos compartimentos mariños; toxicidade. Cadmio: fontes; concentracións nos compartimentos mariños; bioacumulación; toxicidade. Tributilestaño: fontes; concentracións nos compartimentos mariños; toxicidade.

DISTRIBUCIÓN, ACUMULACIÓN E EFECTOS BIOLÓXICOS DOS CONTAMINANTES: ECOTOXICOLOXÍA

10. Distribución dos contaminantes no ambiente. Compartimentación; modelos de fugacidade. Persistencia no ambiente: degradación química e biodegradación. Especiación química e biodispoñibilidade.

11. Bioacumulación de contaminantes. Toxicocinética: entrada, acumulación e transformación de contaminantes nos organismos acuáticos. Modelos de bioacumulación. Transferencia trófica de contaminantes e bioamplifiación.

12. Respostas celulares e moleculares: biomarcadores. Biotransformación e eliminación de sustancias tóxicas. Alteracións lisosómicas. Metalotioneinas e proteínas de estrés. Citocromo P450. Alteracións encimáticas. Alteracións no ADN.

13. Toxicidade letal e subletal. Principios básicos da toxicoloxía. Probas de toxicidade letal: CL50. Curvas de toxicidade. Tempo de exposición e outros factores que afectan á toxicidade. Toxicidade subletal; CE50. Efectos sobre a reproducción e o desenvolvemento. Efectos sobre a bioenerxética e o crecemento.

14. Efectos da contaminación a nivel de poboación e comunidade. Cambios na presencia e abundancia de poboacións : especies indicadoras por presencia e ausencia. Cambios nas comunidades. Índices biolóxicos. A contaminación orgánica e a sucesión ecolóxica.

CONTROL E XESTIÓN DA CALIDADE DO MEDIO MARIÑO

15. Avaliación da contaminación mariña. Programas de monitoring da contaminación mariña costeira. Integración de métodos químicos e biolóxicos. Uso de organismos silvestres como bioindicadores e organismos de laboratorio para bioensaios. Bioacumuladores vs. membranas semipermeables. Seguimento da contaminación costeira mediante bioacumuladores; o caso do mexillón. Exemplo de rede de monitoring de contaminación.

16. Bioensaios de avaliación da calidade do medio mariño. Requisitos dun bo bioensaio. Aspectos metodolóxicos. Supervivencia de copépodos ; embrioxénese de bivalvos e ourizos; bioluminiscencia bacteriana; supervivencia de anfípodos; enterramento de bivalvos. Bioensaios in situ.

17. Protección do medio mariño. I. Control da producción e descarga de contaminantes. Identificación de contaminantes prioritarios. Avaliación do risco ecolóxico. Regulación de novos productos químicos. Regulación de efluentes complexos.

18. Protección do medio mariño. II. Control dos niveis de contaminantes en augas receptoras. Criterios e normas de calidade de auga e sedimentos. Lexislación internacional. Directiva Marco da Auga e Directiva da Estratexia Mariña.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000