Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Principios de microbioloxía mariña
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor-a estrutura e/ou explica os obxectivos e contidos de cada tema e responde as cuestións expostas polos alumnos-as. Ao final de cada tema, os alumnos-as disporán en Faitic das presentacións comentadas na aula e de cuestionarios de autoavaliación.
Prácticas de laboratorio O profesor-a explica os fundamentos e protocolos de prácticas, supervisa a súa execución e resolve as dúbidas dos alumnos-as. Estes dispoñen dunha Guía de prácticas cos protocolos e fundamentos teóricos. O último día de prácticas, o profesor avaliará os resultados da aprendizaxe mediante unha proba escrita.
Aprendizaxe colaborativa O profesor-a organiza, asesora e supervisa as actividades integradas de aprendizaxe colaborativo a desenvolver en grupos de tres ou catro alumnos-as. Ao final se avaliarán os resultados obtidos mediante unha proba escrita.
Seminario Os alumnos-as, organizados en grupos, realizarán un traballo ao computador que deberán entregar ao termo do seminario para a súa avaliación. O profesor-a explica o procedemento a seguir e asesora durante o desenvolvemento do traballo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000