Guia docente 2018_19
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Principios de microbioloxía mariña
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1.- Microorganismos no medio mariño. Que estuda a Microbioloxía mariña. Importancia dos microorganismos: historia, abundancia, distribución e tamaño. A célula procariota e a súa situación filoxenética. Virus no medio mariño. Importancia dos microorganismos no funcionamento dos ecosistemas mariños. Explícase a abundancia, tamaño e papel xeral dos procariotas no medio mariño.
Tema 2.- Métodos básicos para o estudo dos microorganismos. Estudo de células viables pero non cultivables. Diversidade metabolica dos microorganismos. Técnicas básicas de Microbioloxía: illamento, cultivo, identificación e control de microorganismos. Rutas metabólicas exclusivas de procariotas.
Tema 3.- Métodos en Microbioloxía mariña:
Técnicas de mostraxe. Métodos usados para o cálculo da biomasa bacteriana. Métodos directos: Microscopia electrónica, microscopia de fluorescencia, confocal y citometria de flujo. Tinción de células viables. Métodos indirectos: Medidas con trifosfato de adenosina. O LPS. Técnicas moleculares: PCR, secuenciación de DNA, hibridación fluorescente in situ (FISH), transcrición inversa in situ (ISRT). PCR e DGGE. Medida da actividade microbiana. Isotopos radioactivos. Biosensores e microelectrodos.
Describiranse as principais técnicas que permiten estudar os microorganismos nun habitat natural, cuantificalos e estudar a súa actividade.
Tema 4.- Diversidade das bacterias mariñas.
Bacterias fotosintéticas, situación filogenética. Metabolismo de bacterias fotosintéticas: transporte de electróns, aparello fotoquímico, fonte de carbono. Os seus grupos: Cianobacterias. Bacterias con fotosíntesis anoxigénica: bacterias rojas del azufre e non do xofre, Bacterias verdes do xofre e non do xofre. Bacterias aerobias con fotosíntesis anaerobia. Heliobacterias.
Proteobacterias quimiolitotrofas: Bacteria nitrificantes. Bacterias que oxidan o xofre e o ferro, oxidantes do hidrogeno. Bacterias metanotrofas e metilótrofas. Proteobacterias aerobias y anaerobias facultativas. Bacterias oligotróficas: Espirilos, Bacterias pedunculadas ou con prosteca, deslizantes. Plantomyces y Verrumicrobia
Estúdanse os principais grupos de bacterias no medio mariño atendendo á súa diversidade metabólica: fototrofía, organotrofía e litotrofía
Tema 6. -Os ciclos dos elementos. Produtividade primaria do medio mariño e elementos limitantes. Produtividade secundaria. O ciclo do nitróxeno. Influencia do N2 como axente limitante no mar aberto e en estuarios. O ciclo do ferro. O ciclo do carbono. O ciclo do xofre. O ciclo do fósforo e do manganeso. Interaccións dos ciclos dos elementos Describirase como a contorna física debe fornecer a enerxía, os electróns e os nutrientes necesarios para a utilización polos microorganismos dando como resultado os ciclos bioxeoquímicos dos elementos.
Tema 5.-Dominio Arquea. Distribución e diversidade no medio mariño. Ambientes extremos. Caracteres xerais das arqueas. Estratexias de adaptación de arqueas termófilas, halófilas, metanogénicas e outras. Estúdanse os principais grupos de arqueas, a súa abundancia e papel no medio mariño.
Tema 7.- Interaccións dos microorganismos con outros organismos acuáticos. Relacións neutras de soporte físico: bacterias epifitas. Relacións de comensalismo: Comensais de superficies intestinais. Comensalismo e a cooperación para a solubilización de substratos. Metabiosis : produtoras metano/oxidantes metano.Desulfovibrio/Methanobacterium. Reductoras de sulfato/fotoautotrofas anaerobias. Metabiosis entre a cianobacteria, Oscillatoria, e bacterias heterótrofas mariñas. Relacións positivas: Protocooperación Clorobium/Spirillum. Clorobium/Desulfovibrio. Bacterias verdes do xofre/Sulfatoreductoras. Simbiose mutualistas en peces. Simbiontes de corais (Zooxantelas) e de Ascidias (g. Prochloron) o medio mariño. Ectosimbiosis mais representativas: de bacterias e zooplancton, bacterias luminiscentes e organismos mariños. Episimbiosis con animais do bentos Endosimbiosis de bacterias e nematodos mariños. Describiranse as principais interaccións entre poboacións microbianas e a contorna
inanimado. Tamén se explicasen as interaccións de microorganismos e organismos superiores facendo fincapé en que as interaccións permiten o funcionamento do ecosistema e como as técnicas moleculares contribúen actualmente ao coñecemento de microorganismos non cultivables achegando información moi valiosa sobre as interaccións e a ecoloxía microbiana.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000