Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas en aulas de informática Proba en que o alumnado debe resolver algúns exercicios empregando o programa informático utilizado na aula. 10
Obradoiros Participacion en todas as actividades propostas polo profesorado, sexan estas para realizar dentro ou fóra da aula. 5
Probas de resposta curta Durante o curso realizaranse probas parciais con preguntas tipo test e/ou de resposta curta. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Ó finalizar o curso realizaráse unha proba final a desenvolver preguntas teóricas e exercicios que poderán ser tipo test, de resposta curta e/ou de forma extensa sobre os coñecementos adquiridos da materia. 40
Observación sistemática Avaliación da participación, esforzo e rendimiento do alumno nas actividades propostas. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Entregas na aula nas que o estudantado debe solucionar unha serie de problemas baixo as condicións e o tempo establecidos polo profesor. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Calquera estudante que, durante o curso, participe en probas de avaliación de dous ou máis temas do programa non poderá, en ningún caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Calquera estudante que non supere a materia en xuño, e pretenda facelo en xullo, manterá as cualificacións obtidas durante o curso en cada unha das probas de avaliación realizadas, salvo a proba final que deberá repetir obrigatoriamente. Así mesmo, en función da traxectoria ó longo do curso, os profesores proporán un plan de traballo personalizado que permita recuperar a nota dalgún dos restantes apartados de cualificación (neste caso, será necesario poñerse en contacto co profesorado con suficiente antelación).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000