Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química I
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminarios Tratarase de estimular a participación activa do alumnado no proceso de aprendizaxe, especialmente, nos seminarios e nas prácticas de laboratorio. Ademais de nas clases presenciais e titorías, o estudantado pode contactar co profesorado mediante medios telemáticos. Material en liña: na plataforma Tem@ o alumnado topará, con suficiente antelación, toda a información referente á materia. Para cada tema facilitaráselle un esquema detallado e un boletín de problemas como mínimo. Este material serviralle ao estudantado para preparar os contidos que se expoñerán nas clases presenciais e nas clases de seminario. Tamén se proporán nela cuestionarios e problemas adicionais. Así mesmo, disporá en Tem@ da información relativa ao desenvolvemento do curso (horarios, datas limite de entrega de problemas e traballos, cualificacións etc.). Ademais, será un dos medios de comunicación máis habituais entre o alumnado e o profesorado. Clases dos seminarios: dedicaranse á resolución de problemas e ao estudo de casos concretos, e profundarase nos aspectos que lle presenten maiores dificultades ao estudantado. Titorías individuais: nelas o alumnado poderá consultar as dúbidas que posúa e as que non quedaron claras nas clases anteriores ou que precisen dunha atención máis personalizada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000