Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Proba en que o alumnado debe resolver algúns exercicios empregando o programa informático utilizado na aula. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma En cada capítulo, o alumnado entregará unha serie de exercicios teórico e prácticos baixo as condicións e o tempo establecidos polo profesorado. 20
Titoría en grupo Valorarase o grao de consolidación das competencias que se analicen en cada sesión. 0
Probas de resposta curta Probas, para avaliar as competencias adquiridas, que consisten nun cuestionario con preguntas tipo test e preguntas de resposta curta. Realizaranse catro probas deste tipo durante o curso (20% da cualificación final). Ademais, como parte dunha proba final que terá lugar ao finalizar o curso, realizarase outra proba sobre toda a materia, que tamén constará de preguntas tipo test e preguntas de resposta curta (20% da cualificación final). 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba que constará de preguntas teóricas e exercicios que o estudantado responderá organizando e presentando, de maneira extensa, os coñecementos que ten sobre a materia.
Realizarase unha proba deste tipo ao finalizar o curso.
20
Traballos e proxectos Participacion en todas as actividades propostas polo profesorado, sexan estas para realizar dentro ou fóra da aula. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Calquera estudante que, durante o curso, participe en probas de avaliación de dous ou máis temas do programa non poderá, en ningún caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Os estudiantes que non superen a materia na convocatoria ordinaria, e pretendan facelo na convocatoria extraordinaria, manterán as cualificacións obtidas durante o curso en cada unha das probas de avaliación realizadas, salvo as calificación de práctica de laboratorio e as dúas probas realizadas a final de curso, que serán avaliadas no exame correspondente. Así mesmo, a cualificación dos exercicios resoltos entregados durante o curso poderá ser modificada a través dun traballo supervisado polo profesorado (neste caso, será necesario poñerse en contacto co profesorado con suficiente antelación para concretar o traballo a realizar).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000