Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Simulación Aplicada a Procesos Químicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta con elección múltiple. O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades.

Se evaluarán os seguintes resultados de aprendizaxe: Diagramas de procesos industriales, optimización de variables, conceptos de separación por transferencia de materia e enxeñaría das reaccións químicas.

40 B7
C7
C19
C20
Resolución de problemas e/ou exercicios Manexar ferramentas de simulación informática adecuadas para o desenvolvemento de exercicios propostos no ámbito da enxeñaría de procesos.
Desenvolver a capacidade para resolver problemas en contornos dixitais.

20 A1
A2
B7
D1
D6
D12
Estudo de casos Traballo en equipo (grupo reducido)
O alumnado debe desenvolver e defender un traballo proposto (desenvolvemento dun proceso industrial) e debe dar resposta, utilizando as ferramentas de simulación, ás incógnitas do proceso. Para iso debe consultar diversas fontes: bibliografía, bases de datos, etc.

O alumnado deberá aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na materia, especialmente co desenvolvemento de prácticas de simulación. Avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe indicados para esta materia.

40 A1
A2
B7
D1
D6
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Prácticas da materia As prácticas da materia considéranse obrigatorias para poder aprobar a materia. De non realizarse as prácticas suspenderase a materia.

Avaliación Continua - Primeira oportunidade:

O alumnado debe alcanzar unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada unha das partes da avaliación, é dicir, tanto en teoría "Exame de preguntas obxectivas" como na parte práctica: "Resolución de problemas" e "estudo de casos", para ter opción de aprobar a materia. De superar a nota mínima en todas as partes da avaliación, aprobarase a materia si a CUALIFICACIÓN FINAL media é ≥ 5,0. De non superar o mínimo esixido nunha das partes recibirá a cualificación de suspenso coa nota numérica de esa parte.

Avaliación Continua - Segunda oportunidade:

No exame da segunda oportunidade manterase a cualificación daquelas partes da avaliación da primeira oportunidade, que foran superadas (≥ 5,0), polo que os alumnos só realizarán nesta convocatoria o exame daquelas partes non superadas. Para a CUALIFICACIÓN FINAL séguese o mesma sistema que se describiu na primeira oportunidade.

Avaliación Global:

Nas datas oficiais de exame da materia realizarase o "Exame de preguntas obxectivas" sobre o 40% da nota global. O 60% restante corresponde ás prácticas, que son obrigatorias.

O alumnado debe alcanzar unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada
unha das partes da avaliación, é dicir, tanto no exame como nas prácticas, para ter opción de aprobar a materia. De superar a
nota mínima en todas as partes da avaliación, aprobarase a materia si a
CUALIFICACIÓN FINAL media é ≥ 5,0. De non superar o mínimo esixido nunha
das partes recibirá a cualificación de suspenso coa nota numérica de esa
parte.

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global, no presente curso académico, será de SUSPENSO (0,0 puntos).
Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, excepto autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 puntos).

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000